Persoal de coidados, formación e protección ás persoas convoca unha manifestación contra a precariedade este sábado en Santiago

A marcha arrincará da Alameda ás 11:00 horas para reclamar a dignificación laboral e salarial dun colectivo que agrupa a 35.000 persoas e a xestión pública dos Servizos de Atención ás Persoas

Unhas 100.000 persoas mobilízanse coa CIG na xornada de folga xeral para exixir unha vida digna

No ensino, aínda que non se poden dar datos absolutos, o paro foi secundando practicamente de forma total polo alumnado nas universidades, secundaria e FP mentres que o seguimento do profesorado en Secundaria foi do 60% e en Primaria do 50%.

Unhas 100.000 persoas mobilizáronse esta mañá nas 17 manifestacións multitudinarias convocadas pola CIG en toda Galiza, nesta xornada de folga xeral para reclamar solucións á grave carestía da vida e ao aumento da pobreza laboral que está esganando o conxunto do pobo galego. 

Arrincou a folga xeral coas primeiras accións de madrugada dos piquetes informativos en cidades e vilas

Persoal liberado e delegado de Ensino participou esta madrugada nas accións informativas para contribuír a parar a actividade económica e social na que é a 15ª folga xeral convocada pola central nacionalista desde 1984 após a ditadura.

A folga xeral tamén é un folga docente laboral!

A CIG-Ensino chama o profesorado galego a secundar mañá a folga xeral e a asistir masivamente ás manifestacións convocadas en 17 vilas galegas para defender os servizos públicos e reclamar melloras laborais e salariais

Seguimento maioritario na terceira xornada de folga do persoal do ensino concertado, a pesar dos servizos mínimos abusivos

O persoal do ensino concertado maniféstase nas rúas da Coruña e Vigo até as delegacións territoriais da Consellaría de Educación por melloras laborais e esixe a apertura de negociacións na Mesa Tripartita con patronal e administración

Os servizos mínimos no Ensino Público Galego na folga deste mércores son dunha persoa da dirección

Nesta mesma nota tedes toda a información sobre os Servizos Mínimos do persoal non docente dos centros educativos do ensino público galego e do persoal das Universidades Galegas

Novos servizos mínimos abusivos e impostos pola Consellaría de Educación para a folga do 10 de novembro no ensino concertado

Están chamadas a participar na folga máis de 7000 traballadores e traballadoras do sector

A CIG-Ensino exixe á Consellaría que poña a disposición do profesorado o seu gabinete xurídico para casos de difamación do seu persoal como coas contas “curis”

Ante o incremento de casos trasladados recentemente ao sindicato e á opinión pública, ten que ser a propia Xunta a que actúe cos seus medios ante instancias policiais e xudiciais e aprobar canto antes o Protocolo fronte ao acoso laboral

A CIG-Ensino denuncia que feitos como a agresión ao director do IES Xosé Neira Vilas de Oleiros non teñen cabida no ensino galego

O sindicato rexeita de plano estes comportamentos e pide aprobar canto antes o Protocolo fronte ao acoso laboral

A CIG-Ensino denuncia o intento de censura do profesorado por parte da Consellaría mentres utiliza diariamente os centros para a súa propaganda con fins políticos

O último episodio tivo lugar no IES Ribeira de Louro no que a inspección chamou á orde o profesorado por enviar información por Abalar sobre a folga xeral, algo que cando foi a folga do transporte se fixo con normalidade desde a dirección dos centros

A CIG-Ensino preséntase ás eleccións do 3 de decembro cunha candidatura conformada por 1.090 docentes e un programa baseado en recuperar e en avanzar en dereitos laborais

O sindicato aspira a seguir representando catro anos máis a voz maioritaria do profesorado galego do ensino público non universitario nas aulas, nas rúas e nos órganos de negociación, tanto en Galiza coma en Madrid.

Publicada a convocatoria do Concurso Xeral de Traslados

Prazo de participación: do 5 ao 26 de novembro

A CIG-Ensino denuncia ante a inspección de traballo a situación da auga no CEIP Santo André de Xeve

A CIG-Ensino presentou unha denuncia o pasado 29 de outubro para reclamar garantías de seguridade e saúde para o persoal do centro e o seu alumnado, que leva desde setembro de 2025 sen poder consumir auga das billas

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.