CIG-Ensino e ANPAS GALEGAS chaman de novo a participar o martes 14 contra os recortes de profesorado e desdobres en secundaria

CIG-Ensino e ANPAS GALEGAS fan un chamamento á participación na concentración convocada para o martes 14 ás 11:30 contra a pandemia dos recortes diante da Consellaría

Publicado o CADP definitivo de secundaria

Tamén se publicaron as instrucións para a toma de posesión

Concentración ante a Consellería de Educación. Mércores 8 de setembro, ás 11.30h

CIG-Ensino e ANPAS GALEGAS fan un chamamento á participación na concentración que convoca o vindeiro mércores, 8 de setembro baixo o lema: “Menos ratio, máis docentes. Contra a pandemia dos recortes”

CIG-Ensino acusa ao conselleiro de Educación de mentir sobre a atención á pandemia no novo curso escolar

O sindicato expresou a súa crítica ás decisións adoptadas pola Xunta durante o Pleno do Consello Escolar de Galiza no que compareceron os conselleiros de Educación e Sanidade

CIG-Ensino denuncia a decisión da Xunta de levar adiante recortes sen precedentes en plena pandemia

O sindicato considera como unha pésima decisión o pacto entre o Ministerio e as CC.AA. para reducir a distancia interpersoal no curso 2021/22

Publicado o DOG coa relación de persoal aprobado nas oposicións

Mañá, 24 de agosto comezan a contar os 20 días hábiles para a presentación de toda a documentación.

Modificación de Unidades e postos de traballo en primaria, infantil e educación especial. A Consellaría segue recortando e mentindo

No DOG publicado o venres 6 de agosto faise efectivo un recorte definitivo de 109 unidades, que se corresponderían con máis de 150 mestras e mestres

Só un 24% das persoas que aprobaron as oposicións docentes teñen unha antigüidade superior a 3 anos no ensino público

Segundo un estudo feito pola CIG-Ensino case a metade das persoas que aprobaron as oposicións nunca traballaron no mesmo corpo docente ao que opositaban no ensino público

As oposicións docentes deixan máis dun 10% das prazas desertas

A maquillaxe das cifras de prazas ofertadas, novamente desvelada

A Xunta pretende recortar máis de 400 prazas de profesorado en secundaria

Datos extraidos dun estudo que xa supera o 50% dos centros de secundaria de Galiza

Publicada a resolución provisional do CADP de Secundaria

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 2 de agosto até o 2 de setembro de 2021, ambos incluídos.

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.

Outros 24 Setembro 2026
Curso de función directiva

A Consellaría anuncia a convocatoria do curso de formación para desenvolver a función directiva nos centros no ano 2026. 

Outros 22 Setembro 2026
Cinema con perspectiva

Convocado o programa educativo “Cinema con perspectiva” para o curso 2026/27.

Outros 22 Setembro 2026
Plan de mellora das bibliotecas

Publicada unha rectificación de erros na convocatoria do Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Programa Talentos inclusivos

Convocada a VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Listaxes de interinidades e substitucións

Publica a Consellaría as listaxes provisorias para a cobertura de interinidades e substitucións de secundaria, mestres (agás Orientación) e profesorado especialistas en sectores singulares da FP.