A Consellaría mantén nalgúns centros a restrición do dereito do alumnado a optar por determinadas materias e para cursar a Educación Secundaria para persoas Adultas

Malia a rectificación parcial da Consellaría, logo das denuncias da CIG-Ensino, mantense a discriminación en moitos centros, tanto no ámbito rural como no urbano. Os recortes da Consellaría tamén se estenden á negativa de manter a ESA

CIG-Ensino emprende unha campaña para que a documentación do recoñecemento médico docente sexa en galego

A empresa CUALTIS, á que a Consellaría lle adxudicou o recoñecemento médico, emprega unicamente na súa documentación escrita o castelán, vulnerando a lexislación vixente

Abertas as negociacións da Lei Orgánica do Sistema Universitario

Nunha primeira toma de contacto co ministro Castells evidenciouse a oposición sindical unánime coa proposta ministerial

Ábrese o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente e non docente en activo

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento publicadas na páxina web oficial da Consellaría e enviadas aos distintos centros de traballo

A Área Pública da CIG mobilízase contra o peche da oficina de MUFACE de Compostela

MUFACE centralizará o 30 de setembro o servizo provincial na oficina de A Coruña sen ter en conta o grave prexuízo aos mutualistas da área de influenza da oficina compostelana

A CIG-Ensino traslada á Consellaría de Educación a urxencia da actualización das listaxes de substitucións

A falta de docentes substitutos nalgunhas listaxes como a de Francés de primaria, Portugués de secundaria e Procesos de Produtos e Artes Gráficas en FP está facendo que estean a piques de esgotarse

Medra a precariedade no ensino público: dispárase a contratación a medida xornada

Perto dun 15% dos postos ofertados para persoal interino nos primeiros días de comezo de curso son a media xornada, o que provoca un aumento da precariedade nos centros públicos

CIG-Ensino anima aos centros a seguir denunciando os recortes de profesorado e desdobres

O sindicato maioritario no ensino público insta ás equipas directivas e profesorado en xeral así como ao conxunto da comunidade educativa, a seguir denunciando e non cesar nas reclamacións contra a desfeita que se está provocando dende a Administración

A Consellaría cambia a data de cese do profesorado interino de secundaria para o 31 de agosto de 2022

O cambio, segundo informan desde a Administración, responde á intención de Educación de que as tomas de posesión a partir do curso 22/23 sexan con efectos do 1 de setembro como xa acontece no corpo de mestres.

A Área Pública da CIG censura o peche da oficina de Muface en Compostela

A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís que presta asistencia sanitaria e social ao colectivo de funcionarios pecha a súa oficina en Compostela o próximo 30 de setembro

CIG-Ensino e ANPAS GALEGAS concentráronse este martes contra os recortes de profesorado e desdobres en secundaria

Os recortes dificultan o proceso de aprendizaxe, empeoran o traballo do profesorado e reducen a oferta dos centros

Educación restrinxe a oferta de materias na ESO e Bacharelato no medio rural

A Consellaría négase a que se impartan materias con menos de cinco alumnos e alumnas aínda existindo docentes con dispoñibilidade horaria

A LOSU: unha nova lei que non resolve os problemas existentes na universidade e crea problemas novos

O texto engade novos problemas en materia de profesorado

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.

Outros 24 Setembro 2026
Curso de función directiva

A Consellaría anuncia a convocatoria do curso de formación para desenvolver a función directiva nos centros no ano 2026. 

Outros 22 Setembro 2026
Cinema con perspectiva

Convocado o programa educativo “Cinema con perspectiva” para o curso 2026/27.

Outros 22 Setembro 2026
Plan de mellora das bibliotecas

Publicada unha rectificación de erros na convocatoria do Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Programa Talentos inclusivos

Convocada a VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Listaxes de interinidades e substitucións

Publica a Consellaría as listaxes provisorias para a cobertura de interinidades e substitucións de secundaria, mestres (agás Orientación) e profesorado especialistas en sectores singulares da FP.