Aprobaches as oposicións? Pois hai cousas que debes saber...

A continuación, informámoste de todos os trámites que vas ter que realizar unha vez que superaches o proceso selectivo

CIG-Ensino traslada a necesidade de incrementar os títulos de grao básico, de regular a dual intensiva e de controlar o desvío de fondos públicos da FP ao sector privado

O sindicato participou esta semana no Consello Xeral de FP do Estado e no Consello Galego de FP, nos que amosou tamén a súa preocupación polas prazas desertas nas oposicións das especialidades de FP e polas dificultades para cubrir substitucións.

A CIG-Ensino urxe ao Ministerio a abordar xa a reforma do sistema de oposicións docentes e alerta de que este ano haberá de novo unha elevada taxa de prazas desertas

A secretaria nacional, Laura Arroxo, fixo esta petición durante a Mesa Sectorial na que se tratou o Proxecto de Orde pola que se aproba o temario da fase de oposición para a Inspección educativa.

A CIG pon en marcha unha campaña activa para esixir a climatización urxente de todas as escolas infantís 0-3 e que a Xunta de Galiza, concellos, asociacións e empresas respecten a temperatura máxima (25ºC) permitida neste tipo de centros

O sindicato anima a familias e persoal traballador a que se recollan rexistros térmicos e se esixan medidas correctoras aos responsábeis das escolas que, de non atender estes requirimentos, serán trasladados á Inspección de Traballo

A CIG-Ensino forza a negociación de medidas reais no Plan de Igualdade e logra novos avances no Protocolo de Acoso

A Consellaría comprométese a incorporar medidas correctoras ao Plan de Igualdade e a pechar en xullo o Protocolo de Acoso para a súa entrada en vigor no vindeiro curso

Queremos Galego impulsará unha Iniciativa Lexislativa Popular para blindar o galego e reverter a emerxencia linguística

Queremos Galego anunciou esta mañá en rolda de prensa a primeira acción colectiva nacida do Protocolo Lingua Vital; a presentación en setembro dunha Iniciativa Lexislativa Popular

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría segue sen comunicar os cesamentos ao profesorado substituto e agrava a precariedade do colectivo

O sindicato solicita melloras inmediatas para este colectivo como a posibilidade de escoller áreas diferentes das provincias e concellos para facer substitucións

O profesorado galego suspende á Consellaría en dereitos, negociación e respecto no curso máis conflitivo dos últimos 40 anos

O 93% do persoal docente que respondeu a consulta da CIG-Ensino non cre que os Acordos de 2023 e de 2026 supoñan unha mellora para o ensino público e cualifican de insuficientes as medidas en tema de horarios, ratios, burocracia e atención á diversidade.

A Consellaría rexeita a proposta da CIG-Ensino de reducir ratios en todas as etapas no vindeiro curso

A baixada comezaría en Primaria no curso 2027/28, na ESO no 2028/29 e no Bacharelato no 2032/33

Representantes sindicais da CIG-Ensino, FSIE, UGT, CCOO, USO e SNEP instan o conselleiro, Román Rodriguez, a cambiar o rumbo das súas políticas educativas e abrir negociacións na Mesa Tripartita do Ensino Concertado

O encontro, forzado, tivo lugar nun acto da patronal Escolas Católicas “bendicido” polo responsábel da Consellaría, a quen se lle fixo entrega dun escrito reivindicativo mentres se repartían folletos entre os centos de docentes asistentes

Convocada reunión do Plan de Igualdade para o venres 3 de xullo

A CIG-Ensino anima ao profesorado a facer achegas ao I Borrador de medidas e accións para o Plan de Igualdade e II Borrador do Protocolo fronte ao Acoso

A CIG-Ensino convoca unha concentración este mércores ás 11:30 diante de San Caetano para amosar o suspenso á Consellaría en dereitos, negociación e respecto ao profesorado

Durante a mesma dará conta dos resultados da consulta lanzada ao persoal docente no último mes arredor das medidas anunciadas por Educación sobre horario lectivo, ratios e atención á diversidade

Convocada mesa sectorial do estado para o 8 de xullo

Proxecto de orde do temario de oposicións para Inspección Educativa

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
2026
DOG 7 Agosto 2026
FP plurilingüe

Relación no DOG de centros autorizados para impartir ensinanzas de FP plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2026/27.

DOG 5 Agosto 2026
Corrección de erros nos aprobados

No DOG publícase unha corrección de erros á relación de persoal aprobado nas oposicións.

DOG 5 Agosto 2026
Profesorado en prácticas

Publicada no DOG a orde pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes que superaron as oposicións docentes do 2026.

DOG 3 Agosto 2026
Profesorado aprobado nas oposicións

Publica o DOG a orde coa relación de persoal que superou as oposicións docentes do 2026.

Outros 30 Xullo 2026
PROA+ (FSE+)

Resolución definitiva

DOG 29 Xullo 2026
EPAPU Nelson Mandela

Modificación da oferta das ensinanzas de bacharelato