O comité de folga da CIG-Ensino dos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3 rexeita a proposta de servizos mínimos de Política Social para o 6 de novembro

A Consellaría con competencias nestes tres servizos públicos esenciais trasladou onte uns servizos mínimos que vulneran o dereito á folga e que son claramente abusivos, contrariamente ao que está acontecendo no SERGAS ou aos decretados por Educación.

A Consellaría debe evitar agravios comparativos de cara ao CXT na acreditación da competencia dixital docente

Hoxe publicouse a relación provisional con prazo até o 7 de novembro para reclamacións. Foron desestimadas a práctica totalidade das solicitudes.

A CIG-Ensino suma o apoio de SNEP e da CUT de cara á folga do 6 de novembro nos sectores de infantil 0-3, menores e discapacidade

Nunha xuntanza celebrada onte estes dous sindicatos con representación en menores e infantil acordaron secundar esta convocatoria. UGT e CCOO declinaron participar e emprazaron a unha xuntanza posterior á data da folga.

Segunda xornada de folga docente con grande asistencia ás manifestacións diante das delegacións provinciais da Consellaría de Educación

Malia a chuvia, moito profesorado repetiu por segundo día a asistencia ás mobilizacións e outro fíxoo por primeira vez. A Consellaría non pode seguir facendo oídos xordos ante o malestar do seu persoal docente.

Máis dun cento de docentes pecháronse en cinco centros de Galiza durante a noite para reclamar que a Consellaría atenda as demandas do profesorado

Despois de 18 horas conclúen os peches reivindicativos nos CEIP Alborada, Amadeo R. Barroso e Reibón, e nos IES de Catabois, Lucus Augusti e Valle Inclán para participar nas mobilizacións da segunda xornada de folga.

Lección de dignidade e de unidade: o profesorado galego virou San Caetano e mañá trasladará as súas protestas ás Delegacións Territorias

Ademais esta tarde-noite levaranse a cabo peches reivindicativos en varios centros das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol e en Moaña

Preto dun cento de direccións fan público un comunicado de apoio á folga docente

Os sindicatos convocantes da folga levarán a cabo mañá unha marcha baixo o lema “Viramos San Caetano” para darlle un xiro ás políticas da Xunta e o mércores manifestacións até as Delegacións provinciais da Consellaría

Nova reunión coa Secretaría Xeral de Universidades con motivo do incremento do PIB para o financiamento das universidades públicas

A CIG-Ensino vén de asistir á comisión de traballo para establecer o incremento das partidas para acadar o obxectivo do 1% do PIB destinado ao financiamento das Universidades públicas logo da publicación da LOSU.

Tamén a convivencia vale para a propaganda e a censura. A resposta na rúa

Consello para a Convivencia Escolar con censura incluída

Persoal de infantil, discapacidade e menores fan un último chamamento a Política Social a intervir para rematar coa precariedade antes da folga do día 6

Esta mañá arredor de 500 persoas manifestáronse polas rúas de Compostela esixindo a negociación de convenios galegos para estes tres sectores que suman máis de 5.000 traballadores e traballadoras en máis de 500 centros de todo o país.

A CIG-Ensino acusa á Consellaría de querer censurar o profesorado a través da secretaria xeral do PP

A secretaria xeral do PP, Paula Prado, nun acto sobre vivenda aproveitou para acusar á CIG de falsedades e o que é máis grave para intentar poñer ás familias en contra do profesorado, o cal é dunha irresponsabilidade manifesta, en opinión da CIG-Ensino

O persoal das Escolas Deportivas continúa coas protestas tras a “decepcionante” xuntanza co Concello da Coruña

Critican que, malia o compromiso adquirido, o Goberno négase a recoller melloras laborais e salariais nos próximos pregos

Quizais quixo dicir:

< Maio 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2026
DOG 8 Maio 2026
Novo nome para o CEIP Víctor Sáez

Publica o DOG a nova denominación para o CEIP Víctor Sáez de Mazaricos, que pasa a chamarse CEIP San Cosme de Antes.

DOG 8 Maio 2026
Seccións bilingües

No DOG publícase a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2026/27.

Outros 8 Maio 2026
Aspirantes admitidos para as oposicións

Publica a Consellaría a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas oposicións docentes do 2026.

Outros 8 Maio 2026
Reto STEM polo eclipse solar

A Consellaría anuncia a convocatoria de acreditación de guías escolares e de retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026 (Polos Eclipsados) nos centros docentes que conten cun Polo creativo.

Outros 8 Maio 2026
Programa STEMBach

Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para os centros solicitar a súa participación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2026/27.

Outros 7 Maio 2026
Interinidades en galego de secundaria

Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo de interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura de secundaria.