Centos de persoas participan na folga e manifestación pola dignificación dos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3

A marcha, que coincidiu cun paro parcial de 6 horas, partiu do Monte do Gozo cara San Caetano na que constituíu a última etapa do “Camiño de Santiago reivindicativo”

CIG-Ensino, UGT, CCOO-Ensino, USO e SNEP reafirman a unidade sindical no sector do ensino concertado galego e anuncian que continúan coas mobilizacións como única vía para abrir a mesa tripartita concertada

As OO.SS, CIG-Ensino, UGT, CCOO Ensino, USO e SNEP reafirmamos a nosa unidade sindical no sector do ensino concertado galego, logo da ruptura sindical de FSIE.

Denuncian o atraso na licitación da escola infantil municipal de Vilagarcía

A CIG desenvolveu unha nova mobilización este sábado para reclamar a axilización do proceso ou a xestión directa do centro

A caravana reivindicativa chega a Compostela para exixir melloras laborais nos sectores da discapacidade, menores e educación infantil 0-3

Teñen convocada para mañá unha manifestación desde o Monte do Gozo, ás 11:00h, até San Caetano e unha nova xornada de folga á que se sumará o persoal dos centros públicos de 0-3

Milleiros de estudantes de arredor de 180 centros e 12 localidades: "co galego no corazón fíxose a revolución"

Rematou a 26 edición da festa das festas reivindicativas pola lingua na que maior número de alumnado participa cada ano en Galiza e fíxoo demostrando que hai futuro para o galego e que a cativada e a mocidade amosan o seu orgullo por falalo e defendelo.

Arrinca en Arzúa o Camiño de Santiago reivindicativo por melloras nos sectores da discapacidade, menores e infantil 0-3

A mobilización culminará o mércores cunha folga parcial de 6 horas (das 9 ás 15 horas) e cunha marcha desde o Monte do Gozo até a sede da Xunta, en San Caetano, con saída ás 11 horas

Convocado o Consello Galego de FP para tratar a oferta formativa do vindeiro curso sen a documentación previa

A Consellaría de Educación convoca para o venres á unha da tarde en modalidade online a reunión do Consello Galego de FP de novo sen enviar a documentación que se vai tratar.

Milleiros de persoas rexeitan en Vigo o desfile militar e reclaman paz e soberanía

Na mobilización convocada pola plataforma Galiza pola Paz denunciouse a cultura da guerra e rexeitouse o gasto en armamento

A CIG-Ensino denuncia a pretensión da Xunta de acabar coa CiUG

A Consellaría de Educación pretende controlar este órgano nomeando unha comisión composta basicamente por cargos políticos, entre eles o polémico subdirector xeral de Inspección educativa

O comité de folga da CIG-Ensino dos sectores privados de discapacidade, menores e infantil 0-3 rexeita a proposta de servizos mínimos de Política Social e Educación para o 3 de xuño

As dúas Consellarías con competencias nestes tres servizos “públicos” esenciais trasladaron e impuxeron, ao carecer de negociación, uns servizos mínimos que só van permitir que entre un 20 e un 30% do persoal a secunde.

Unha caravana de persoal do ensino concertado percorre as rúas de Vigo e A Coruña por melloras laborais e salariais

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións acordadas ante a falta de vontade negociadora da Consellaría

Despois de 19 anos a Consellaría “despacha” a actualización dos catálogos de infantil e primaria sen garantir nin un só posto de traballo máis

A prometida negociación dos catálogos quedou reducida a unha proposta presentada o martes e que se asinará hoxe ás 10 cunha incidencia moi limitada, apenas 131 prazas de PT e AL, a maioría xa nos centros, fronte ás 1000 mestras máis do Acordo de 2007.

Centros educativos de Burela e do Vicedo reclaman solucións ás deficiencias estruturais e de dotación que padecen

A CIG-Ensino apoia as reivindicacións da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Vista Alegre, do IES Perdouro, do CEIP Plurilingüe Os Castros e do CEIP do Vicedo

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.