Convocada mesa sectorial do estado para o 8 de xullo

Proxecto de orde do temario de oposicións para Inspección Educativa

Novo Real Decreto de Inspección educativa: o Ministerio non terá en conta as achegas sindicais

O novo texto leva meses dando voltas por diferentes organismos sen contraste sindical previo, o que evidencia o valor que o goberno estatal lle dá á negociación sindical

A CIG-Ensino pide a retirada da convocatoria de prazas accidentais na inspección educativa

A CIG-Ensino pediu a retirada da proposta e propuxo o nomeamento para este curso do profesorado que se presentou ás oposicións e non acadou praza, ordenado por número de exames aprobados e notas

O Ministerio de Educación presenta, para unha próxima tramitación, un novo Real Decreto de Inspección Educativa

O borrador foi remitido aos sindicatos para unha próxima reunión da Mesa Docente estatal aínda sen fixar

A Inspección educativa presiona os centros de Primaria para incrementar ao máximo a carga lectiva das mestras e mestres

A Consellaría impón a redución de gardas e a limitación das coordinacións e dinamizacións.

Na defensa do ensino público a CIG-Ensino rexeita a imposición da zonificación escolar de Vigo

A Inspección Educativa remitiu no pasado mes de decembro unha Proposta de zonificación para o Concello de Vigo que reduce de dez a catro a configuración das áreas escolares.

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 6 Novembro 2026
Premio Tolerancia cero fronte ao acoso

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes para participar no 'Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2026' para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.

Outros 5 Novembro 2026
Proxectos de inclusión educativa

Resolución na web da Consellaría da convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) para o curso 2026/27.

Outros 5 Novembro 2026
Interinidades en orientación

Publica a Consellaría unha listaxe provisoria de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2026/27 para Orientación do corpo de mestres.

Outros 5 Novembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Resolución definitiva de participación na Fase I. Autonómica do programa “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28.

DOG 4 Novembro 2026
Centros de especial dificultade

A Consellaría publicou a orde cos criterios para a cualificación dos centros, unidades, aulas e postos docentes de especial dificultade.

DOG 4 Novembro 2026
Concurso de traslados

Mañá comeza o prazo para participar no Concurso Xeral de Traslados do persoal docente.