A CIG-Ensino proporá novas mobilizacións docentes tras unha semana de silencio por parte da Consellaría e a negativa da minoría sindical a unirse

O sindicato maioritario insta ao conselleiro de Educación a que imite o titular de Sanidade que o pasado venres se involucrou persoalmente na reunión cos sindicatos para intentar frear a folga en Atención Primaria.

O comité de folga da CIG-Ensino dos sectores de discapacidade, menores e infantil 0-3 rexeita a proposta de servizos mínimos de Política Social para o 6 de novembro

A Consellaría con competencias nestes tres servizos públicos esenciais trasladou onte uns servizos mínimos que vulneran o dereito á folga e que son claramente abusivos, contrariamente ao que está acontecendo no SERGAS ou aos decretados por Educación.

A CIG-Ensino suma o apoio de SNEP e da CUT de cara á folga do 6 de novembro nos sectores de infantil 0-3, menores e discapacidade

Nunha xuntanza celebrada onte estes dous sindicatos con representación en menores e infantil acordaron secundar esta convocatoria. UGT e CCOO declinaron participar e emprazaron a unha xuntanza posterior á data da folga.

Segunda xornada de folga docente con grande asistencia ás manifestacións diante das delegacións provinciais da Consellaría de Educación

Malia a chuvia, moito profesorado repetiu por segundo día a asistencia ás mobilizacións e outro fíxoo por primeira vez. A Consellaría non pode seguir facendo oídos xordos ante o malestar do seu persoal docente.

Máis dun cento de docentes pecháronse en cinco centros de Galiza durante a noite para reclamar que a Consellaría atenda as demandas do profesorado

Despois de 18 horas conclúen os peches reivindicativos nos CEIP Alborada, Amadeo R. Barroso e Reibón, e nos IES de Catabois, Lucus Augusti e Valle Inclán para participar nas mobilizacións da segunda xornada de folga.

Lección de dignidade e de unidade: o profesorado galego virou San Caetano e mañá trasladará as súas protestas ás Delegacións Territorias

Ademais esta tarde-noite levaranse a cabo peches reivindicativos en varios centros das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol e en Moaña

Os servizos mínimos da folga do 28 e 29 son dunha persoa da dirección

Serán publicados no DOG previamente ás xornadas de folga

Persoal de atención á discapacidade e a menores e da educación infantil 0-3 anos irán á folga o 6 de novembro para reclamar convenios galegos

Está prevista unha manifestación nacional en Compostela o día 25 de outubro coa intención de presionar á Consellaría de Política Social para que, xunto coas patronais, escoite os tres sectores e abra o Marco Galego de Relacións Laborais

O maior seguimento dunha folga no ensino público galego nos últimos anos

A CIG-Ensino sitúa por riba do 60% a asistencia á folga cun incremento moi importante en infantil e primaria a respecto dos paros de 2023, o que demostra a fartura e o malestar do profesorado coas políticas da Consellaría.

Os servizos mínimos da folga deste xoves son dunha persoa da dirección

Publicados no DOG o mércores 24 de setembro

A comunidade educativa galega pide a fin dos recortes á Consellaría

A CIG-Ensino anuncia un curso convulso cargado de mobilizacións e folgas se a Consellaría non baixa ratios, dota de persoal aos centros, elimina burocracia e recupera o horario perdido polo profesorado. A próxima data, a folga o día 25.

A CIG-Ensino chama a unir todas as demandas de todas etapas educativas na manifestación de mañá ás 12 en Santiago para que a Consellaría rectifique

O sindicato maioritario xa anunciou un curso convulso cargado de mobilizacións e folgas se a Consellaría non baixa ratios, dota de persoal aos centros, elimina burocracia e recupera o horario perdido polo profesorado.

A CIG-Ensino convoca manifestación o 13 e folga o 25 de setembro como inicio dun curso de mobilizacións contra a política de recortes e a propaganda da Xunta

O sindicato maioritario recolle o fondo malestar do profesorado galego que conta coas peores condicións laborais no contexto educativo máis complexo das últimas décadas nunha campaña de loita na que apela á Consellaría a Rectificar, Recuperar e Recoñecer

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
2026
Outros 11 Novembro 2026
VIII Ciberliga

Convocada a “VIII CiberLiga 2026/27 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos no curso 2026/27.

Outros 11 Novembro 2026
Interinidades en Máquinas e servizos de produción

A Consellaría anuncia a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de Máquinas e servizos de produción.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Clube de ciencia'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Clube de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 10 Novembro 2026
Programa 'Lanzaderias Lugo'

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2026/2027.

Outros 10 Novembro 2026
Plan Eudemprende

Relación definitiva de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2026-2027.

Outros 10 Novembro 2026
DELF escolar

A Consellaría publica información sobre o diploma do DELF Scolaire.