Os sindicatos con representación na mesa sectorial vimos de presentar un escrito conxunto solicitando unha reunión coa conselleira

Procuramos con este escrito o desbloqueo da negativa a negociar a devolución dos nosos horarios lectivos

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 7 Maio 2025
Investigación no STEMBach

Publica a Consellaría a relación provisional de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2024/25.

BOE 7 Maio 2025
Estancias en centros europeos

O BOE publica a convocatoria de 120 prazas para a realización de estancias profesionais en centros educativos de Alemania, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza para o curso 2025/2026.

DOG 5 Maio 2025
Novas seccións bilingües

Publica o DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2025/26.

Outros 5 Maio 2025
Diagnose da convivencia

A Consellaría anuncia posta en marcda da V macroenquisa de diagnose da convivencia escolar dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Outros 5 Maio 2025
Retorna talento FP

Publicada na web da Consellaría a listaxe de solicitudes a emendar no Programa Retorna Talento FP 2024/2025.

Outros 2 Maio 2025
Tribunais da proba de galego nas oposicións

Publica a Consellaría a composición, presidencias incluídas, dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nas oposicións do 2025.