A Xunta, despois de numerosas sentenzas gañadas pola CIG, vese obrigada a pagarnos o subtraído da paga extra de 2013

A Xunta, despois de numerosas sentenzas gañadas pola CIG, vese obrigada a pagarnos o subtraído da paga extra de 2013

Unha vez máis fomos capaces, coa campaña que realizamos, cos centos de reclamacións presentadas e as numerosas sentenzas gañadas, de dobregar a Xunta de Galiza

A CIG-Ensino denuncia que a filtración de parte da proba xeral de 3º evidencia a chambonada na que a Xunta converteu a súa aposta pola LOMCE e as reválidas

Para a CIG-Ensino estes feitos desautorizan a actuación do Goberno galego e do conselleiro
A CIG-Ensino denuncia que Educación concede un novo concerto educativo, de forma fraudulenta, á Casa do Neno

A CIG-Ensino denuncia que Educación concede un novo concerto educativo, de forma fraudulenta, á Casa do Neno

Demanda que se depuren responsabilidades e anuncia que de non facelo recorrerá ao contencioso
 Preto do 82% do alumnado de terceiro de primaria auséntase dos centros para non facer a reválida

Preto do 82% do alumnado de terceiro de primaria auséntase dos centros para non facer a reválida

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera que isto evidencia un “rexeitamento clamoroso” á LOMCE e un “estrepitoso fracaso” da Xunta de Galiza

Educación confirma un enchufe clamoroso, á vella usanza, mediante a adxudicación definitiva no CXT do profesorado

A Consellaría confírmalle o destino á actual directora do Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA) na Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra, nunha especialidade e vacante inexistente na dita escola
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a non participar nas probas de terceiro de Primaria os días 24 e 25 de maio

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a non participar nas probas de terceiro de Primaria os días 24 e 25 de maio

Avalía como un “rotundo éxito” da comunidade escolar no seu conxunto e de “estrepitoso fracaso” da consellaría a insubmisión xeneralizada á reválida de sexto

O número de alumnado que non fai a reválida increméntase no segundo día das probas

Segundo está a constatar a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

A PGDEP cualifica de éxito a ausencia masiva de alumnado á realización das reválidas e o rotundo rexeitamento á LOMCE que isto supón

Agradece ás familias que atenderan o chamamento da plataforma galega e reclama de Educación e do goberno da Xunta que paralicen a aplicación destas probas e da LOMCE
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa  na súa loita contra as reválidas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa na súa loita contra as reválidas

Numerosos centros rexeitaron de diferentes formas as reválidas na mañá deste luns 9 de maio

Nais, pais e profesorado concéntrase en cidades e vilas galegas para manifestar o seu rexeitamento á LOMCE e as reválidas

A Plataforma reiterou o seu chamamento ás familias para que non envíen nesas datas ás fillas e fillos a facer as probas
A CIG-Ensino participa no 12º Congresso da Federação Nacional dos Professores (FENPROF) que ten lugar en Porto do 28 ao 30de abril de 2016

A CIG-Ensino participa no 12º Congresso da Federação Nacional dos Professores (FENPROF) que ten lugar en Porto do 28 ao 30de abril de 2016

A CIG-Ensino manifestou o seu compromiso cunha educación ao servizo de Galiza que sexa o motor de transformación para acadar un sistema educativo galego público, laico, coeducativo e democrático

A CIG-Ensino, ante a modificación unilateral por parte da Consellaría dos criterios a seguir no procedemento de acceso aos datos do Rexistro de Delicuentes Sexuais, manifesta:

Sen ningún tipo de información previa, nin ás organizacións sindicais nin ao propio profesorado, a Consellaría de Educación acaba de trasladarlles aos centros un cambio de criterio, creando confusión entre os docentes e as docentes

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
DOG 4 Setembro 2026
Consellos escolares

Resolución no DOG pola que se estabelece o calendario para realizar eleccións de membros dos consellos escolares.

Outros 3 Setembro 2026
Liga escolar de debate

Convocada a II Liga escolar de debate para centros públicos para o curso 2026/27.

Outros 1 Setembro 2026
Instrucións para as bibliotecas escolares

Publica a Consellaría as instrucións para a organización e o funcionamento das bibliotecas escolares nos centros no curso 2026/27.

Outros 1 Setembro 2026
Clubes de lectura

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa dos clubes de lectura nos centros para o curso 2026-2027.

DOG 31 Agosto 2026
Financiamento do comedor escolar

Publica o DOG a convocatoria das axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos.

DOG 25 Agosto 2026
Catálogo de primaria

Publica o DOG a modificación das unidades e os postos de traballo docentes dos centros educación infantil, educación primaria e educación especial.