As familias da EEI Vila Laura están levando a cabo concentración para esixir a incorporación da mestra de apoio que lles corresponde polo elevado número de unidades que teñen de infantil. A falta desta docente compromete apoios ao alumnado con máis necesidades e reduce a capacidade da escola para atender ausencias e outras incidencias.