A CIG-Ensino trasladoulle á Consellaría de Educación a preocupación dos Conservatorios Superiores para cubrir as prazas vacantes e de substitucións nestes centros

O alumnado, principal prexudicado ao non poder ter aulas de varias materias pola inexistencia de persoal docente suficiente, poderá estar sen clases en boa parte do cuadrimestre.

A CIG-Ensino demanda un incremento substancial nas vacantes do Concurso de Traslados de Secundaria

O sindicato presenta un estudo no que se evidencian claras anomalías en multitude de centros educativos e de especialidades á hora de ofertar postos definitivos e denuncia a opacidade da Consellaría

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Que non te líen, ti elixes!'

Publica a web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2026/27 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.

Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Publicada a onvocatoria do programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Club de ciencia

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Programa Navega con rumbo

Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na XV edición do programa educativo Navega con Rumbo no curso 2026-2027.

Outros 6 Outubro 2026
Exposición sobre Neira Vilas

A Consellaría convoca un concurso de exposicións sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 5 Outubro 2026
Docencia no grao superior de mobilidade

Anuncia a Consellaría a convocatoria dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.