O comité de folga de Beatriz Seijo S.L. segue dando pasos fronte ao inmobilismo e ao intento de inmolación da empresa

As traballadoras incorporáronse hoxe á empresa tras 46 días sen cobrar nun acto de boa vontade por achegar solucións a unha folga indefinida enquistada tras as manobras da xerencia de animar o alumnado a darse de baixa.

O comité de folga dá por rotas as negociacións con Beatriz Seijo SL ao non aceptar a empresa ningunha das reivindicacións e mesmo dar marcha atrás nas xa acordadas

Despois da resposta por escrito da empresa as traballadoras e a CIG-Ensino van intensificar as accións de protesta até acadar os obxectivos previstos

Cúmprense 15 días de folga indefinida en Beatriz Seijo Art Studio + Gallery sen avances por parte da empresa

Despois da reunión celebrada o luns a instancias do comité de folga de momento non houbo grandes achegamentos ao respecto das principais reivindicacións do persoal: equiparación salarial, redución das ratios, plan de igualdade e recoñecemento da relación

A CIG-Ensino denuncia ante a Inspección de Traballo as ilegalidades durante a folga indefinida en Beatriz Seijo Art Studio + Gallery

O sindicato remitiulle o escrito á autoridade laboral ao vulnerarse o dereito á folga das traballadoras substituíndoas por persoal interno, como determinan diversas sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo

Primeira xornada da folga indefinida no centro Beatriz Seijo Studio Art + Gallery á que lle seguirán outras mobilizacións esta semana e a vindeira

O paro foi secundado por máis do 80% do persoal, que se concentrou ás portas do centro en Santiago reclamando a readmisión da traballadora despedida, a regularización das categorías profesionais de varias compañeiras e a equiparación salarial

Comeza mañá unha folga indefinida no espazo Beatriz Seijo Artist Studio en Santiago

As traballadoras deste centro de ensinanzas artísticas concentraranse mañá ás 12:30 horas diante da sede da empresa en Santa Marta

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
DOG 16 Setembro 2026
Cursos CELGA

Anuncia a Consellaría de Lingua a realización da segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026.

DOG 15 Setembro 2026
Permisos para as eleccións sindicais

Publica a DOG a orde pola que se regulan os permisos do profesorado para as eleccións sindicais ás xuntas de persoal do funcionariado docente.

Outros 15 Setembro 2026
GaliciaSkills 2027

A Consellaría anuncia a convocatoria do 9º Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2027.

Outros 15 Setembro 2026
Programa EduFrance

Publicada a relación de centros beneficiarios e excluídos para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2026/2027.

Outros 14 Setembro 2026
Programa EduReferentes

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa educativo “EduReferentes” no curso 2026/27.

DOG 9 Setembro 2026
Prácticum de profesorado técnico de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.