Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”

A plataforma cidadá, da que forma parte a CIG entre 500 entidades sociais e culturais, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”

Correlingua celebrará festas en máis de vinte centros educativos das catro provincias galegas

Esta edición volverá ser en 2022 unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos

A gran festa final do Correlingua 2021 na vila de Foz

300 alumnos e alumnas de centros educativos da contorna focense vibraron en directo coa actividade lúdica e educativa organizada na defensa do galego

A vila de Verín festexa o Correlingua 2021

Os John Deeres actuaron na festa do galego para desfrute dos asistentes

Ponteareas despide as festas do Correlingua 2021 na provincia de Pontevedra

O Dúo Vaguedades actuou en directo na Sala Multiusos para deleite da mocidade asistente, que berrou a prol do uso do noso idioma

O Teatro Principal da Estrada vibrou co Correlingua 2021

A actuación de Música Miúda, presentada por Fran Rei animou ao alumnado participante da festa

Bueu celebrou o Correlingua 2021 no Centro Social do Mar

O grupo Música Miúda foi presentado por Fran Rei para desfrute do alumnado asistente

Ferrol celebrou o Correlingua 2021 coa asistencia de alumnado de seis centros ferroláns

A festa estivo presentada por Fran Rei e contou coa actuación do grupo Música Miúda
Emisión en vivo

Vigo desfruta co Correlingua 2021 na festa grande provincial

Case 200 nenas e nenos presenciaron en vivo a celebración no auditorio municipal de Vigo coas actuacións John Deeres e Cé Orquestra Pantasma

O Correlingua segue coa celebración das festas e a súa emisión en directo na canle de You Tube

O vindeiro 26 de outubro terá lugar a terceira festa do Correlingua no auditorio municipal de Vigo presentada por Isabel Risco

A Consellaría de Educación responde á campaña da CIG-Ensino: os informes médicos terán que facerse en galego

A campaña iniciada pola CIG-Ensino para que a documentación do recoñecemento médico docente sexa en galego obtén resposta da administración educativa na Mesa Sectorial de Educación

O Correlingua 2021 bota a andar baixo o lema: Inmunízate co galego

O Correlingua, coa participación da CIG-Ensino, presenta unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a crecer en galego

CIG-Ensino emprende unha campaña para que a documentación do recoñecemento médico docente sexa en galego

A empresa CUALTIS, á que a Consellaría lle adxudicou o recoñecemento médico, emprega unicamente na súa documentación escrita o castelán, vulnerando a lexislación vixente

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Outros 4 Novembro 2025
Plan Educ-Art

A Consellaría publica o plan Educ-Art na súa páxina web.

Outros 4 Novembro 2025
Programa Lectura e familias

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros seleccionados no programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.

Outros 4 Novembro 2025
VII Ciberliga

Convoca a Consellaría a “VII CiberLiga 2025/26 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos para o curso 2025/26.

Outros 4 Novembro 2025
Interinidades en grego e latín

Publícase a resolución provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para impartir docencia en grego e latín en secundaria.

Outros 3 Novembro 2025
Programa de apoio á inclusión

Na web da Consellaría publícase a convocatoria para participar no programa piloto Apoio á inclusión desde Polos creativos para o curso 2025/2026.

Outros 3 Novembro 2025
Plan Eduemprende

Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2025-2026.