A CIG-Ensino chama a participar na manifestación nacional de mulleres do 8 de marzo baixo o lema “Feministas e combativas. En loita pola nosa dignidade!”

Animamos ás traballadoras do ensino a sumarse á manifestación en Compostela, que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal, co obxectivo de evidenciar un feminismo de clase e de país que defenda os dereitos das traballadoras

Información da Mesa Sectorial sobre o Concurso de direccións

Mesa celebrada o martes 10 de marzo.

Concentración e paro parcial no CIFP Manuel Antonio para reclamar solucións aos problemas causados polas obras e máis democracia no centro

O profesorado do CIFP Manuel Antonio de Vigo convoca para mañá xoves día 5unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta que irá acompañada dun paro de tres horas para denunciar a situación do centro e esixir solucións á Consellaría

Ruptura da unidade sindical na discapacidade, menores e infantil 0-3: fronte ás escusas e ao inmobilismo por parte de CCOO, UGT e USO, dende a CIG-Ensino seguimos na loita

A unidade sindical non pode ser unha cadea que nos ate á pasividade nin unha estratexia de comunicación para ocultar a falta de traballo nestes sectores, iso si é unha irresponsabilidade, como a dobre moral de asinar o convenio en Madrid e denuncialo aquí

Familias, docentes e alumnado reclaman en Compostela “un ensino inclusivo real e que ninguén quede atrás”

Nunha manifestación organizada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público numerosas Anpas e colectivos docentes esixíronlle á Consellaría de Educación que sitúe como prioridade das súas políticas a atención á diversidade.

A CIG-Ensino denuncia o abandono e o deterioro estrutural dos centros educativos da provincia da Coruña ante a pasividade da Consellaría

O sindicato advirte de que a seguridade e a calidade educativa están en risco por deficiencias que van dende goteiras e humidades ata falta de accesibilidade e espazos dignos.

A CIG-Ensino presenta a campaña Respéctame! para exixir á administración que deixe de menosprezar ás docentes, que representan máis do 70% do profesorado

O sindicato artella esta campaña na véspera do 8 de marzo para denunciar que a Consellaría incumpra reiteradamente a normativa ao non contar con Plan de Igualdade e Protocolo de Acoso que debían estar en vigor desde 2025.

Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade. Este 8 de Marzo mobilízate coa CIG

A central convoca manifestación nacional en Compostela, con saída ás 11:30h da estación intermodal

Material para traballar nas aulas o 8 de marzo

Material didáctico relacionado coa coeducación e a igualdade.

O desleixo da Consellaría coa FP afecta ás oposicións e ao acceso á universidade do alumnado de ciclos superiores

Malia a insistencia da CIG-Ensino na Mesa Sectorial a Consellaría mantén na indefinición ao persoal opositor co texto incluído na convocatoria das oposicións sobre os currículos a empregar para PD e UD, das que se modificaron as rúbricas de corrección.

A Secretaría das Mulleres da CIG súmase á conmemoración do Día de Rosalía de Castro

A central destaca a súa figura como referente feminista da nación galega e anima a ler, compartir e reivindicar a súa obra

Publicada a resolución provisional do CXT

Infantil, primaria, secundaria, outros corpos e orientación de primaria

A CIG chega a un acordo coa Universidade de Vigo para proceder aos pagamentos das subas salariais desde 2022 do persoal pre e postdoutoral e do contratado con cargo a proxectos

Nunha reunión mantida no día de hoxe co reitor trasladounos o compromiso de facer os pagamentos na maior brevidade posible ás case 600 persoas afectadas pola sentenza.

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
2026
Outros 12 Xuño 2026
Restrición nos chamamentos para as substitucións

A Consellaría lembra que do 15 de xuño ao 15 de xullo está aberto o prazo para que o profesorado interino e substituto opte por realizar substitucións nunha ou varias provincias  ou en concellos determinados.

Outros 11 Xuño 2026
Horas e lugares das oposicións

A Consellaría publicou na súa web a resolución coas datas, horas e lugares do acto de presentación e da realización das dúas partes das oposicións docentes do 2026.

Outros 11 Xuño 2026
Corrección de erros nun tribunal

A Consellaría publica unha corrección de erros no tribunal 3 de AL.

DOG 10 Xuño 2026
Oferta de FP

Publicada a resolución co anuncio da actualización da oferta de FP para o curso académico 2026/27.

Outros 9 Xuño 2026
Resolución PIALE

Publicada a resolución definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2026.

DOG 9 Xuño 2026
Tribunais definitivos das oposicións

Publica a Consellaría a relación definitiva dos tribunais que xulgarán as oposicións docentes do 2026.