A CIG-Ensino esixe a recuperación do horario lectivo docente previo aos recortes de Feijóo nos anos 2011 e 2012

Delegadas sindicais da CIG-Ensino concentráronse esta mañá diante da Consellaría para lamentar que nos 8 meses de mandato da nova conselleira non se producira ningún avance e anuncian mobilizacións contundentes no primeiro trimestre do próximo curso.

O rexeitamento ás reválidas non decae despois de 5 anos

O boicot supera de novo o 80% nos centros públicos galegos

Educación discrimina o alumnado da maioría dos centros educativos do país na acreditación dos niveis de Inglés

A Consellaría de Educación limita a gratuidade para a certificación até o nivel C1 ao alumnado dos centros plurilingües e incide na privatización das certificacións de idiomas.

A CIG-Ensino non asina o XII Convenio Colectivo estatal de Educación Infantil

Unha vez máis as patronais do sector de Infantil 0-3 e os sindicatos estatais “cómplices e submisos” desoen as demandas das traballadoras virándolles as costas e asinando un convenio en precario, impositivo, fraudulento e carente de negociación real.

Máis do 9% das prazas das oposicións docentes xa se poden declarar desertas

195 prazas de promoción interna quedarán sen cubrir, xa que só se matricularon 81 persoas para as 276 prazas ofertadas pola Consellaría

Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados de mestres

Mestras e mestres de infantil e primaria

Publicado o sorteo dos tribunais das oposicións

Sorteo celebrado hoxe mércores 22 de maio

A CIG-Ensino entrega 558 sinaturas das traballadoras das escolas infantís de 0 a 3 anos que se concentraron demandando un convenio digno e xusto

Delegadas/os da CIG-Ensino concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Galiza para denunciar a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, por afondar na precariedade laboral, e reivindicar un convenio galego como única vía de mellora.

Miles de persoas esixen en todo o País "liberdade, igualdade e xustiza para o galego"

As mobilizacións, celebradas en distintas vilas e cidades galegas, lembraron a afronta que supón o Decreto do plurilingüismo para o noso idioma, do que se cumpren 10 anos da súa aprobación.

Patronal e sindicatos "amigos" confirman definitivamente a sinatura do XII Convenio de Educación Infantil

As patronais do sector de Infantil e os sindicatos UGT, FSIE e USO desoen o clamor das traballadoras/es infantil 0-3 e convocan oficialmente a mesa final para asinar o convenio o día 22

A CIG-Ensino lanza unha campaña para facer centros de ensino coeducativos e incrementar a oferta de materias optativas en igualdade

Así mesmo, demándalle á Consellaría de Educación que destine recursos económicos e formación específica para dotar os centros de cadros de persoal amplos que leven a cabo o traballo de coeducación.

A Xunta segue sen recuperar as axudas do Fondo de Acción Social recortadas en 2011

O recorte ese ano ascendeu a un total de 7.136.392€, o que supuxo a práctica liquidación deste Fondo.

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
2026
DOG 5 Agosto 2026
Corrección de erros nos aprobados

No DOG publícase unha corrección de erros á relación de persoal aprobado nas oposicións.

DOG 5 Agosto 2026
Profesorado en prácticas

Publicada no DOG a orde pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes que superaron as oposicións docentes do 2026.

DOG 3 Agosto 2026
Profesorado aprobado nas oposicións

Publica o DOG a orde coa relación de persoal que superou as oposicións docentes do 2026.

Outros 30 Xullo 2026
PROA+ (FSE+)

Resolución definitiva

DOG 29 Xullo 2026
EPAPU Nelson Mandela

Modificación da oferta das ensinanzas de bacharelato

DOG 28 Xullo 2026
Seccións Bilingües

Prórroga de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial