Publicados no DOG os concursos de Orientación de Primaria e EPAPUs

Prazo de presentación para ambos até o 23 de decembro

Oposicións: as contas claras

A Consellaría, axudada polos medios afíns, segue a xogar coas cifras de prazas nas oposicións para enganar ao persoal opositor e á sociedade.

A CIG-Ensino insta a dar pasos para eliminar a discriminación salarial do persoal contratado predoutoral e postdoutoral

O sindicato presenta, xunto a UGT e CCOO, unha solicitude de mediación para desbloquear a decisión das universidades de non pagar a antigüidade deste persoal

A CIG-Ensino diríxese aos grupos parlamentarios no Senado e á ministra Celaá ante os problemas e incertezas que provoca a vía elixida na LOMLOE para a extinción do corpo de PTFP

O sindicato defende que esta medida "non deixe ninguén atrás" en aras a conseguir un corpo único docente.

A CIG-Ensino esíxelle ao presidente da Xunta que deixe a confrontación e se sente a dialogar para normalizar o galego no ensino

Representantes sindicais xunto co resto de promotores das "Bases para a normalización do ensino en Galiza" referíronse aos datos do IGE de que 1 de cada 4 menores de 15 anos non sabe falar galego, consecuencia directa do Decreto de plurilingüismo

Comunicado da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública logo do ditame favorábel do Ministerio de Universidade á creación da universidade privada de Abanca

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública quere facer público o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Universidades de informar favorabelmente a creación da primeira universidade privada galega

A CIG conmemora este 25N denunciando que "descoidar a quen coida é violencia machista"

A secretaría das Mulleres da CIG convoca mobilizacións nas sete cidades e mais nas Pontes, Ribeira e Vilagarcía

A Inspección de Traballo responde ás denuncias da CIG recoñecendo irregularidades da Consellaría na protección da saúde nos centros educativos

A Inspección dálle de prazo á administración até o 16 de decembro para achegar toda a documentación que xustifique a corrección das deficiencias contrastadas tras as denuncias do sindicato.

A LOMLOE: lei insuficiente que necesita mellorar

Nunha análise rápida do texto que vén de aprobar o Congreso a CIG-Ensino lamenta que se perdera unha oportunidade de emendar os recortes e ataques ao ensino público perpetrados pola dereita na última década.
enteira

A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado material didáctico para traballar o 25 N

Un ano máis queremos facer a nosa achega para abordar nas aulas a violencia machista.

Aprobaches as oposicións?

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
2026
Outros 30 Xullo 2026
PROA+ (FSE+)

Resolución definitiva

DOG 29 Xullo 2026
EPAPU Nelson Mandela

Modificación da oferta das ensinanzas de bacharelato

DOG 28 Xullo 2026
Seccións Bilingües

Prórroga de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial

DOG 27 Xullo 2026
PluriArt

Relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados, para o curso 2026/27

Outros 27 Xullo 2026
PluriArt26/27

Relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües

Outros 23 Xullo 2026
Ensinanzas de formación profesional plurilingües

Listaxe provisional