Publicada no BOE a LOMLOE

Publicada o mércores 30 de decembro de 2020

Aprobada no Senado a LOMLOE

Aprobada sen cambios sobre o proxecto do 25 de novembro

Profesorado técnico de FP: até un 53% do funcionariado de carreira e un 39% do persoal interino de quen non ten Grao terían titulación de FP

Coa aprobación final da LOMLOE no Senado ábrese un futuro incerto para o profesorado de FP que non teña Grao ou titulación equivalente a efectos de acceso á función pública. A extinción do corpo de PTFP entrará en vigor 20 días tras a publicación da Lei

Información da reunión do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría de Educación

No derradeiro día lectivo día do primeiro trimestre de curso tivo lugar a única reunión do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral (CISSL)

A Consellaría desprotexe a lingua á vez que privatiza servizos

A privatización do servizo para avaliar o risco pola COVID-19 de profesorado vulnerábel e con patoloxías é tamén unha vía de desgaleguización. A Consellaría, á vez que privatiza, desprotexe a lingua ao non velar polo seu uso a través das súas contratas.

Vinte coa lingua. 20 anos de Correlingua

Fomos quen. Percorremos os centros de ensino do país desafiando a pandemia e acompañadas da mellor representación musical e artística da cultura galega.

O Consello Federal da CIG-Ensino analiza os principais retos tras o primeiro trimestre dun curso complexo e atípico

Ademais de tratar as dificultades que está a atravesar o profesorado pola errática xestión da pandemia da Consellaría, tamén se abordou a LOMLOE e a cláusula de remoción docente, a situación do profesorado técnico de FP ou o 8º Congreso do sindicato

A Consellaría está a traballar para reducir aulas e profesorado en Secundaria no curso que vén

Así se confirma despois das visitas a centros educativos da provincia da Coruña por parte de persoal técnico dunha empresa privada por encomenda da Xunta

Información da mesa sectorial da Oferta Pública de Emprego do PTFP

Oferta de emprego de PTFP e varios

O profesorado técnico interino de FP, entre a espada e a parede polas decisións do goberno español e galego

Tras o anuncio da Consellaría de convocar até 240 novas prazas, agardaremos a coñecer os detalles dunha medida anunciada como salvagarda do profesorado interino mais que pode supoñer o paro para docentes cunha longa traxectoria profesional ás costas

Quizais quixo dicir:

< Maio 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2026
Outros 4 Maio 2026
Programa Educación responsable

Convoca a Consellaría a selección de centros para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2026/27.

Outros 4 Maio 2026
Contrato de vida dixital

A Consellaría publicou na súa páxina web un modelo de contrato de vida dixital.

Outros 4 Maio 2026
Concurso de pódcast-Radio na biblio

A Consellaría fai publico o resultado do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio.

DOG 30 Abril 2026
Cursos CELGA

Anúncianse as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.

Outros 29 Abril 2026
Novos centros E-dixgal

A Consellaría anuncia a convocatoria para a selección de novos centros participantes no programa E-Dixgal para o curso 2026/27.

Outros 29 Abril 2026
Traballos de investigación STEMbach

Publicada a listaxe de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do STEMbach do curso 2025/26.

Outros 28 Abril 2026
Programa Edu-Mob 26/27

Na web da Consellaría pódese consultar a selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con centros da Région Académique de Grand Est (Francia).

BOE 25 Abril 2026
Prazas para profesorado no extranxeiro

Publica o BOE a convocatoria para cubrir prazas en seccións bilingües de castelán en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Moldavia, Polonia, República Checa, Rumanía e Rusia para o curso 2026-2027.

Convocatorias 24 Abril 2026
Comisións por motivos de saúde

O prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde propia ou dun familiar a cargo é do 24 de abril ao 8 de maio do 2026, ambas as datas inclusive.