CIG-Ensino reclama a apertura inmediata de negociacións para recuperar o horario lectivo previo aos recortes

Galiza é, con Madrid, a única comunidade que non deu ningún paso para volver ao horario lectivo das 18 sesións lectivas en Secundaria e das 21 que tiña o profesorado de infantil, primaria e educación especial á chegada de Feijóo á Xunta.

A CIG mobilízase contra o novo pacto polo emprego e a negociación colectiva apoiado por CCOO e UGT

Esta mañá celebrarónse asembleas de delegados e delegadas nas sete cidades e en Ribeira para analizar o alcance e as consecuencias do V Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva asinado por CCOO, UGT e CEPYME

O Ministerio de Universidades comunica a paralización da normativa sobre ámbitos de coñecemento e organización dos Departamentos universitarios

Nun comunicado do secretario xeral do Ministerio de Universidades tamén se indica que segue adiante o Real Decreto de Doutoramento e que procurarán axilizar os trámites de normas relevantes como a de acreditación a corpos estatais e de concursos.

Habilitacións primaria

Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade

Monforte, Lourenzá e A Estrada pechan un intenso mes de actividades do Correlingua que seguirá con forte presenza nos centros o vindeiro curso

A última semana de maio despediu as festas pola lingua que tiveron lugar en varias vilas e cidades galegas nesta 21ª edición

A CIG-Ensino solicítalle á Consellaría de Educación que reforce a función dos departamentos de Orientación en Galiza e regule claramente que non van impartir docencia

Nun escrito dirixido ao conselleiro de Educación e á directora xeral de Ordenación e Innovación educativa o sindicato maioritario amosa a súa preocupación pola indefinición da administración neste asunto.

Publicada a adxudicación definitiva de prazas do concurso extraordinario de méritos

Hoxe tamén se fixo pública a resolución provisional de prazas do grupo de CCAA do acordo estatal, o que facilitará os procesos de renuncia e a cobertura das vacantes que queden en Galiza.

Publicados o tribunais das oposicións no DOG

Esta publicación xa inclúe as presidencias.

Gran participación do alumnado con música e baile na cita do Correlingua en Compostela

Malia que houbo uns instres pasados por auga, a marcha e a festa estiveron presentes tamén con forza na actividade celebrada na capital galega.

Nova parada do Correlingua en Pontevedra e Moaña antes de coller folgos para rematar a semana en Compostela

O bo tempo acompañou dúas xornadas máis de festa e reivindicación polo dereito a vivir, medrar e aprender en galego.

Rapazada de Ferrol e Vigo botaron a lingua fóra nunha nova xornada festiva e reivindicativa do Correlingua

Preto de 30 centros participaron onte e hoxe nas actividades desta actividade organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, a AS-PG e a CIG-Ensino

REFORZAR O ENSINO PÚBLICO

Fronte ao peche de aulas e a redución de profesorado, redución de ratios e burocracia e melloras na atención á diversidade e nas condicións de traballo docentes

Publicado o baremo definitivo do concurso de méritos e a adxudicación provisional de prazas

No baremo definitivo, ao igual que no baremo provisional, non se aplican os criterios de desempate que si están aplicados na resolución provisional das persoas que resultan adxudicatarias dunha praza

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
2026
Outros 5 Xuño 2026
Distribución de aspirantes por tribunais

Publica a Consellaría os tribunais constituídos para xulgar as oposicións docentes do 2026 especificando a distribución de persoas aspirantes por tribunal.

DOG 2 Xuño 2026
Programa Cuale

Convoca a Consellaría a convocatoria para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) durante o curso 2026/27.

Outros 2 Xuño 2026
Premios retos STEM

Anuncia a Consellaría a resolución da convocatoria dos premios retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026.

DOG 29 Maio 2026
Organización das EOIs

No DOG a resolución pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas oficiais de idiomas.

DOG 27 Maio 2026
Composición dos tribunais

Publica o DOG a resolución coa composicións dos tribunais, coas presidencias incluídas, que xulgarán as oposicións docentes do 2026.

Outros 27 Maio 2026
Proxectos en dinamización lingüística

A Consellaría publica a resolución da convocatoria nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.