A CIG reclama políticas públicas e salarios dignos para combater a carestía da vida e as consecuencias da guerra

Delegados e delegadas da central mobilizáronse para esixir cambios profundos nas políticas económicas e fiscais

A Consellaría rectifica: duplícanse as prazas que se ofertarán nos procesos selectivos de 2022

Mesa sectorial do 29 de marzo. Negociación OPEs derivadas da Lei 20/2021

A CIG-Ensino demanda ao Ministerio que negocie canto antes as titulacións de acceso ás especialidades de FP

A regulación das titulacións equivalentes a efectos de docencia para o ingreso nas especialidades até agora do corpo de PTFP é necesaria para os procesos selectivos que se convocarán neste ano 2022

Convocadas as axudas sociosanitarias de MUFACE para o exercicio 2022

O prazo de solicitude é desde o 25 de marzo até o 31 de decembro

Unha sentenza gañada pola CIG recoñece a un pai o permiso por nacemento e coidado dun fillo falecido no parto

A CIG solicítalle ao Goberno estatal que recoñeza este dereito a todos os proxenitores diferentes da nai biolóxica que pasen polo falecemento dunha crianza

A CIG-Ensino presenta unha batería de propostas para a negociación das OPE vinculadas á Lei 20/2021

Na Mesa Sectorial a Consellaría entregou unha proposta de criterios para a aplicación da Lei

CIG-Ensino solicítalle ao Ministerio de Educación a convocatoria inmediata da Mesa para negociar a integración do PTFP no corpo de PES

O sindicato, que considera que a integración debe ser canto antes para quen reúna os requisitos co novo texto da LOFP, reitera as súas demandas para evitar a discriminación do profesorado a quen non se lle permite a integración

Delegadas e delegados da CIG-Ensino concéntranse diante da Consellaría de Educación solicitando a cobertura de todas as baixas nos centros educativos

Desde comezo de mes estanse borrando todos os días unha media de máis de 20 baixas solicitadas polos centros educativos

Unha representación da CIG-Ensino mantivo unha reunión co ministro de Universidades

O sindicato maioritario nas universidades galegas dou traslado ao ministro Subirats das demandas sobre a LOSU ao tempo que recibiu información sobre as previsións ministeriais na tramitación da LOSU e o Estatuto do PDI

Información da mesa sectorial do martes, 22 de marzo

Orde de direccións e comezo de negociacións das OPE da lei 20/2021

Carril: "50 anos despois das loitas de 1972 seguimos a reivindicar o dereito a negociación colectiva e a vivir dignamente na nosa terra"

Delegados e delegadas da CIG manifestáronse en Ferrol no Día da Clase Obreira Galega

As mulleres da CIG sinalan a responsabilidade dos gobernos no mantemento das desigualdades e da precariedade

Millereiros de traballadoras mobilizáronse en 21 localidades neste 8 de Marzo para reivindicar os seus dereitos

O Correlingua 2022 comeza coa convocatoria para participar no Cantalingua

Prazo para presentarse até as 24 horas do 3 de abril

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
Outros 22 Setembro 2026
Cinema con perspectiva

Convocado o programa educativo “Cinema con perspectiva” para o curso 2026/27.

Outros 22 Setembro 2026
Plan de mellora das bibliotecas

Publicada unha rectificación de erros na convocatoria do Plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Programa Talentos inclusivos

Convocada a VII edición do programa educativo Talentos Inclusivos para o curso 2026-2027.

Outros 22 Setembro 2026
Listaxes de interinidades e substitucións

Publica a Consellaría as listaxes provisorias para a cobertura de interinidades e substitucións de secundaria, mestres (agás Orientación) e profesorado especialistas en sectores singulares da FP.

Outros 22 Setembro 2026
Programa 'Pasando a bóla'

Convocado o programa educativo para a prevención do acoso escolar e o ciberacoso “Pasando a bóla, xogando para cambiar” no curso 2026/27.

Outros 18 Setembro 2026
Plan Eduemprende

A Consellaría convoca o Plan Eduemprende que se desenvolverá durante o curso 2026-2027.