A CIG-Ensino presenta a primeira demanda xudicial para que o profesorado substituto teña contrato até a incorporación do titular

Esta acción xudicial responde ao criterio empregado pola Consellaría de Educación até o momento de cesar o persoal substituto con data 30 de xuño aínda que a persoa titular da praza non se incorpore ao seu posto de traballo.

A CIG-Ensino entregoulle á conselleira as principais demandas do profesorado galego co aval da campaña de recollida de 12.000 sinaturas

O sindicato acudiu á reunión convocada pola nova titular de Educación agardando poder coñecer propostas para esta nova etapa da Consellaría mais o encontro non supuxo ningunha novidade sobre a actual liña de actuación do goberno.

CIG-Ensino apoia as demandas da comunidade educativa do CEIP de Cariño de reforzar a atención á diversidade

Denuncian a mingua na calidade educativa que supón que os centros teñan que compartir profesorado

As delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordan convocar folga xeral o vindeiro 8M

Ao remate do encontro preto de 300 delegadas da CIG concentráronse fronte aos xulgados de Compostela para denunciar as agresións do patriarcado

A Consellaría continúa coa externalización da certificación do coñecemento das linguas, desta vez tócalle ao francés

Anuncia dous exames de certificación B2 e C1 que levará a cabo a Alianza Francesa

Anteproxecto da Lei Orgánica que modificará a LOE (LOMCE)

Manda a túa achega até o domingo 25 de novembro

A CIG traslada á Xunta a proposta de ampliación do permiso de paternidade até 22 semanas

A aplicación desta medida suporía a equiparación co permiso de maternidade e un impulso á responsabilidade compartida nos coidados das nosas fillas e fillos.

A Consellaría pretendería amortizar 664 prazas do corpo de mestres

Así o revelan os datos extraidos dun documento remitido ás organizacións sindicais pola inspección de A Coruña

A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado galego un repositorio de material para traballar o 25N nas aulas

Ademais do libro Coeduación. Alicerce do ensino, editado con motivo desta commemoración, o sindicato recompilou unidades didácticas e outros recursos para tratar nas aulas a problemática da violencia contra as mulleres.

A CIG Ensino reclama que se incorporen 38 prazas de orientación ao Concurso

De non ter que ser incorporadas que se xustifique a súa non incorporación

Lógrase o pago do 100% das baixas após o día 90 para o persoal de MUFACE

Despois dunha xestión da CIG coa Consellaría de Facenda e a Asesoría Xeral da Xunta

A CIG-Ensino e a AS-PG pretenden analizar o traballo sobre coeducación que se realiza nos centros de ensino galegos

Alén do estudo, tamén se entregará o libro Coeducación. O alicerce do ensino, un material que pretendemos que sirva de ferramenta para o profesorado interesado en traballar a coeducación nas aulas.

A CIG-Ensino recollerá achegas do profesorado ante o documento do MEFP que pretende sentar as bases dunha nova lei educativa

O documento é un esquema básico sobre os aspectos que o goberno español pon enriba da mesa para o que sería o marco dun novo texto que claramente nos retrotrae á LOE

Quizais quixo dicir:

< Novembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Outros 5 Novembro 2025
Programa InnovaTech FP

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa InnovaTech FP durante o curso 2025-2026.

Outros 5 Novembro 2025
Plan de formación permanente do profesorado

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2025-2026.

Outros 5 Novembro 2025
Clubes de lectura

Anunciada a resolución provisional de centros seleccionados no programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.

Outros 5 Novembro 2025
Biblioteca creativa

Publicada a resolución definitiva de centros seleccionados no programa Biblioteca Creativa nas modalidades de nova incorporación e de continuidad para o curso 2025/26. 

Outros 5 Novembro 2025
Programa educativo Menores conectados

A Consellaría convoca o programa educativo Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade dirixido ás familias do alumnado no curso 2025/26.

Outros 4 Novembro 2025
Plan Educ-Art

A Consellaría publica o plan Educ-Art na súa páxina web.