As traballadoras da EI A Ceboliña logran coa súa loita a readmisión das compañeiras despedidas e que se restablezan os seus dereitos

O Goberno do Concello de Miño pon fin aos abusos e incumprimentos de Novo Alicierce ao entregar a xestión da escola a unha nova empresa.

A CIG-ENSINO NON ASINOU AS TÁBOAS SALARIAIS 2018 E 2019 DO VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINO NON REGRADO

Unha vez máis as patronais, coa complicidade das organizacións sindicais estatais, sáense coa súa e asinan unhas táboas salariais para 2018 e 2019, que non só consolidan, senón que aumentan, a perda de poder adquisitivo no sector.

CigLembra, un novo pulo á nosa canle de Telegram

Recorda que tamén nos podes seguir en twitter, facebook e instagram

Publican no DOG as últimas modificacións do acordo do persoal interino

O texto incorpora os últimos cambios presentados pola Consellaría na Mesa Sectorial do 2 de xullo
enteira

Publicada a resolución defintiva do CADP de Primaria

Resolución publicada o 1 de agosto

CIG-Ensino urxe a negociación da adscrición dos estudos artísticos superiores á universidade

O anuncio da futura creación dunha titulación de Grao en Deseño e Creación nas UVigo bate coa existencia de catro EASD que imparten estudos superiores.
enteira

Publicada a resolución provisional do CADP de secundaria

Resolución publicada hoxe mércores 31 de xullo

A supresión de 42 aulas implica a eliminación de 62 postos de traballo en infantil e primaria

Os postos de traballo que se suprimen coa publicación dos cadros de persoal son un 7% máis que o curso anterior e inciden nunha perda paulatina de persoal do corpo de mestres

Un 19% das prazas nas oposicións docentes fican sen adxudicar

A cifra é tres puntos superior á convocatoria do 2018 e confirma unha tendencia á alza nos últimos anos, especialmente centrada nas especialidades de secundaria

Publicado no DOG o listado de persoal que superou o concurso oposición

Comezan a contar os 20 días hábiles para entregar a documentación citada na convocatoria

A Xunta demora artificialmente a publicación do Fondo de Acción Social

A norma para este ano inclúe un incremento na única axuda en vigor e o prazo para tramitala nos centros educativos se estenderá, a petición da CIG, até o mes de setembro.

Quizais quixo dicir:

< Febreiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28  
Outros 6 Febreiro 2026
Interinidades no cátedras do conservatorio

A Consellaría publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Outros 6 Febreiro 2026
Consorcio Erasmus+ Galemundo

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros docentes públicos para a súa incorporación ao Consorcio Erasmus+ Galemundo.

Outros 5 Febreiro 2026
Competencia dixital do alumnado

Publicadas as instrucións  para a acreditación da competencia dixital do alumnado de ESO e Bacharelato no curso 25/26.

Outros 5 Febreiro 2026
Admisión de alumnado

Anuncia a Consellaría a data para realizar o sorteo no que se extraerá o número para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2026/2027.

Outros 5 Febreiro 2026
Interinidades en grego e latín

Publicada a relación definitiva de profesorado admitido para cubrir interinidades e substitucións en grego e latín de secundaria.

Outros 5 Febreiro 2026
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición

Publica a Consellaría a relación definitiva de persoal admitido para cubrir interinidades e substitucións en acordeón, clave e fundamentos de composición do corpo de profesorado de música.