Publicados os listados definitivos do persoal opositor

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación

Por un bacharelato digno nos Ancares

A CIG Ensino apoiou, na tarde do martes 3 de maio, á comunidade educativa do IES de Becerreá nunha manifestación por un bacharelato digno na comarca dos Ancares

Pontevedra inaugura o Correlingua 2022 baixo o lema Fálame

A festa inicial será presentada por Isabel Risco na Alameda o 4 de maio ás doce horas

A CIG-Ensino comeza unha recollida de sinaturas para a integración de todos os corpos do profesorado no grupo A1

O sindicato vén de remitir un escrito á ministra Alegría para que abra inmediatamente as negociacións dun Estatuto Docente que regule a igualdade de dereitos de todo o profesorado

Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG este 1º de Maio para esixir políticas públicas e salarios dignos contra a pobreza

O secretario xeral reclamou medidas urxentes para afrontar a crise, frear os efectos devastadores dos altos prezos e poder ter unha vida digna

A CIG-Ensino chama á Consellaría a abandonar a unilateralidade na reforma da ESO e o Bacharelato

O sindicato recolle nestes días numerosas queixas de profesorado pola improvisación e os cambios curriculares anunciados

Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”

A plataforma cidadá, da que forma parte a CIG entre 500 entidades sociais e culturais, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”

A CIG convoca mobilizacións en cidades e vilas este Primeiro de Maio

A central sindical reclama políticas públicas e salarios dignos para combater a pobreza

A CIG-Ensino insta á Consellaría a que modifique a rede de orientación dos centros galegos

O sindicato insiste en que cese a discriminación das crianzas da educación infantil

A CIG-Ensino denuncia a actuación da Consellaría ao respecto do IES Val do Asma de Chantada

O sindicato considera un despropósito a falta de coordinación interna na Consellaría de Educación sobre o futuro dos centros de Chantada e insta ao conselleiro a manter a actual oferta

Malia o incremento logrado nas prazas, a CIG-Ensino mantén as discrepancias con algúns criterios da Consellaría

Información da negociación das prazas docentes para a OPE derivada da Lei 20/2021

Correlingua celebrará festas en máis de vinte centros educativos das catro provincias galegas

Esta edición volverá ser en 2022 unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos

Quizais quixo dicir:

< Marzo 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          
2026
Outros 26 Marzo 2026
Programa Impulso mentor

Resolución definitiva cos centros seleccionados do Programa piloto “Impulso Mentor” para o curso 2025/26.

DOG 25 Marzo 2026
Ordenación xeral da FP

O DOG publica o Decreto polo que se estabelece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Outros 25 Marzo 2026
Interinidades en secundaria

Relación definitiva na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídasnas listas de interinidades e substitucións de Lingua galega e Literatura e de Organización e procesos de mantemento de vehículos. 

Outros 25 Marzo 2026
Galego de Escola de Idiomas

A Consellaría publica a relación definitiva para cubrir interinidades e substitucións en Galego de Escola de Idiomas.

Outros 25 Marzo 2026
Interinidades en Mantemento de vehículos

Na web da Consellaría publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo na especialidade de PESSFP en Mantemento de vehículos.

Outros 24 Marzo 2026
Titulación Bachibac

Convocada a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2025/2026.

DOG 23 Marzo 2026
Concurso de direccións

Publicada no DOG a Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.