A CIG-Ensino centrará as súas reclamacións de cara ao 8M na defensa dos servizos públicos, de salarios e pensións dignas e de medidas reais de igualdade nos centros

Así o trasladaron onte as delegadas da Federación que participaron no XI Encontro de Mulleres no que se acordou reforzar o carácter combativo do 8 de marzo

O XI Encontro de Mulleres da CIG acorda centrar o 8M na defensa de salarios e pensións dignas, dos servizos públicos e contra a precariedade

Dende a secretaría das Mulleres aproveitouse o Encontro para lanzar tamén un chamamento a ter a mesma actitude combativa e reivindicativa na negociación dun plan de igualdade que na negociación dun convenio colectivo.

A CIG-Ensino demanda o pagamento das subas salariais ao persoal das universidades con contratos de investigación

O sindicato considera non axustada a dereito calquera limitación na aplicación das subas salariais ao persoal vinculado ao convenio colectivo

Dotación de pavillón para o IES Ferrol Vello

A CIG-Ensino apoia a demanda de toda a comunidade educativa do citado centro

A Xunta elude citar a normativa relativa á non segregación de alumnado por xénero na convocatoria de concertos educativos

A CIG-Ensino alerta da posíbel intención da Consellaría de renovar os concertos aos centros ultra ortodoxos do Opus Dei e demandará calquera vulneración da legalidade vixente

Publicadas as listaxes de persoal admitido e excluído no concurso excepcional

7.951 persoas presentan 11.322 instancias válidas!

A CIG-Ensino presenta escrito apoiando a reclamación do profesorado de Educación Infantil pedindo a adaptación do Proens

O profesorado de infantil asina mostrando a súa preocupación pola non adaptación do PROENS á súa etapa educativa

A CIG-Ensino considera un erro a decisión adoptada sobre o transporte escolar pola alerta meteorolóxica

O sindicato critica que se suspenda o transporte pola tarde sen garantir a devolución do alumnado ás súas casas

Pola mellora das condicións de traballo nos CIFP: a CIG-Ensino parabeniza a unidade do claustro do CIFP Manuel Antonio e elevará as súas demandas á Consellaría de Educación

O sindicato anima o resto de CIFP do país a chegar a acordos de claustro semellantes agora que as condicións de traballo do persoal de FP e destes centros está no foco de atención.

A CIG-Ensino presenta 1375 sinaturas nunha campaña pola equiparación salarial de todo o profesorado de Formación Profesional

O sindicato insta á Consellaría a actuar de forma inmediata para non perpetuar a desigualdade do profesorado que imparte en FP

Comeza o prazo para inscribirse no concurso oposición extraordinario

O prazo de inscrición será do 10 ao 30 de xaneiro

Publicada no DOG a convocatoria do concurso-oposición extraordinario

Prazo de inscrición: do 10 ao 30 de xaneiro

Quizais quixo dicir:

< Xaneiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 29 Xaneiro 2026
Substitucións en grego e latín

Publica a Consellaría a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional  das listas de interinidades e substitucións en grego e latín.

Outros 27 Xaneiro 2026
Premios 'Innovagal'

Resolución publicada na web da Consellaría cos premios educativos Innovagal para o ano 2025.

DOG 26 Xaneiro 2026
Plan xeral da inspección educativa

Publica o DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2025/26. 

Outros 26 Xaneiro 2026
'Ponte... nas Ondas!'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2025/26.

Outros 26 Xaneiro 2026
Concurso de traballo por proxectos

A web da Consellaría anuncia a relación de centros premiados no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2024/25.

Outros 26 Xaneiro 2026
Programa 'Lectura e familias'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.