Inscríbete nas actividades do Correlingua que volve co formato carreira e concertos con máis forza ca nunca!

Doce cidades e vilas galegas volverán acoller este mes de maio a edición clásica desta festa reivindicativa polo galego que terá o día 12 unha parada especial en Lourenzá, localidade natal de del Riego, homenaxeado no Día das Letras

A CIG-Ensino recorrerá a discriminación salarial de máis de 1.000 investigadores/as predoutorais, posdoutorais e dos programas Margarita Salas e María Zambrano

O sindicato remitiu dous escritos á Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de PDI, requisito previo antes da interposición dos conflitos colectivos

A CIG-Ensino volveu esixir que a Xunta elimine as desigualdades na FP na negociación do complemento compensador de 146,93 euros mensuais para o profesorado técnico a extinguir

Na Mesa Sectorial celebrada o 22 de marzo pediulle á Consellaría que iguale os dereitos retributivos tamén de quen vai pasar ao novo corpo de profesorado especialista de sectores singulares da FP tanto de forma fixa como temporal.

Información da Mesa sectorial do 22 de marzo

Concurso de direccións, a acreditación da Competencia Dixital Docente, a convocatoria de EOE, a Orde que modifica o CADP e o complemento compensador de FP

Publicada a lista provisional de admitidas e excluídas no concurso oposición extraordinario

O prazo de reclamacións comeza o 15 de marzo e remata o 28 dese mesmo mes

A CIG conmemorará o Día da Clase Obreira Galega con mobilizacións en todas as comarcas

Desde o ano 1972, o sindicalismo nacionalista celebra o 10 de Marzo, Día da Clase obreira Galega.

As mulleres da CIG toman as rúas para advertir que “a crise non a imos pagar as traballadoras”

Mobilizáronse en 12 localidades e vilas galegas para denunciar as desigualdades e discriminacións que sofren tanto no plano laboral coma no resto.

Información sobre postos docentes e asesorías no exterior

Na reunión que tivo lugar o 7 de marzo, o Ministerio trasladou as estatísticas de participación no concurso a prazas docentes e asesorías no exterior

Actualización do acordo de condicións de traballo do persoal docente interino e substituto

A CIG-Ensino puxo o foco no profesorado interino fronte a un documento pensado en beneficiar á propia administración

Publicada a adxudicación provisional do CXT e do concurso de Orientación do corpo de mestras

O prazo de reclamación e renuncias comeza mañá mércores e abrangue ata o 21 de marzo

Convocadas mobilizacións o 8 de marzo baixo o lema "A crise non a imos pagar as traballadoras"

A CIG ten convocadas para o día 8 de Marzo mobilizacións de delegadas en 12 cidades e vilas galegas para denunciar, un ano máis, as desigualdades e discriminacións que sofren as mulleres.

Materiais para traballar o 8 de marzo nas aulas

Un ano máis desde a CIG-Ensino e a AS-PG, facémosche chegar material didáctico relacionado coa coeducación e a igualdade

Actividades para traballar nas aulas o 8 de marzo

A actividade está pensada para o alumnado de 4º ESO

Quizais quixo dicir:

< Xaneiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 29 Xaneiro 2026
Substitucións en grego e latín

Publica a Consellaría a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional  das listas de interinidades e substitucións en grego e latín.

Outros 27 Xaneiro 2026
Premios 'Innovagal'

Resolución publicada na web da Consellaría cos premios educativos Innovagal para o ano 2025.

DOG 26 Xaneiro 2026
Plan xeral da inspección educativa

Publica o DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2025/26. 

Outros 26 Xaneiro 2026
'Ponte... nas Ondas!'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2025/26.

Outros 26 Xaneiro 2026
Concurso de traballo por proxectos

A web da Consellaría anuncia a relación de centros premiados no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2024/25.

Outros 26 Xaneiro 2026
Programa 'Lectura e familias'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.