Orde Educación Básica para persoas Adultas

Información da mesa sectorial do 10 de setembro

Os cambios na xestión do servizo de transporte escolar aumentan a carga burocrática nos centros educativos

Os centros educativos recibiron recentemente as novas instrucións relativas á xestión do servizo de transporte escolar.

Ignorancia e submisión: a combinación perfecta da Xunta para seguir as ordes de Feijóo sobre unha falsa “selectividade común”

A CIG-Ensino denuncia a falta de respecto ao profesorado e ás universidades nunha posta en escena de fogos de artificio

A Consellería non corrixe o erro na nota media da avaliación da ESO malia ser alertada pola CIG-Ensino

O programa XADE non foi actualizado para excluír a nota de Relixión e Proxecto Competencial e a media que se obtén non se axusta á legalidade

Nova mesa tripartita galega da concertada de carácter informativo, con retraso e sen negociación

A Consellaría presentou un borrador de “Acordo da xubilación parcial con contrato relevo” que non foi negociado e só admiten emendas para propor un texto definitivo de sinatura a finais de xullo

Segunda xornada de folga na Escola Infantil Merlín de Ames sen que a empresa atenda as súas reclamacións

A empresa non quere reunirse co comité de folga e segue botándolle a culpa á Xunta dos impagamentos e enviou unha comunicación ás familias, que apoian as traballadoras, vertendo acusacións sobre estas profesionais

A CIG-Ensino reclama a recuperación do horario lectivo e a redución de ratios como principais demandas ante o continuísmo da política da Consellaría

Esta mañá delegados e delegadas do sindicato maioritario concentráronse diante da Consellaría para insistir en que atender as principais demandas do profesorado é máis urxente ca nunca

A CIG-Ensino chama o profesorado a protestar nun final de curso lastrado polo continuísmo da Consellaría

O sindicato promove unha concentración na sede da Xunta o mércores 26 ás 11 horas

Tres meses despois do anuncio da Consellaría constitúese a comision negociadora do Plan de Igualdade para o profesorado

Despois dos atrasos inxustificados e das continuas demandas da CIG-Ensino vén de constituírse formalmente a comisión negociadora do Plan de Igualdade para o persoal docente.

As traballadoras da Escola Infantil Merlín irán tres días á folga a vindeira semana ante os reiterados atrasos e impagamentos por parte da empresa

A dirección da mesma alude problemas de financiamento cando nestes intres recibe os fondos directamente da administración e ademais cobra cotas complementarias ás familias

A Consellaría de Educación evitou sumar 1080 prazas ás oposicións que comezan este sábado

Así se demostra nunha información remitida ao sindicato pola Consellaría, logo de presentar unha queixa á Valedora do Pobo por non proporcionar en tempo e forma a resposta exixida polo sindicato

Quizais quixo dicir:

< Xaneiro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 27 Xaneiro 2026
Premios 'Innovagal'

Resolución publicada na web da Consellaría cos premios educativos Innovagal para o ano 2025.

DOG 26 Xaneiro 2026
Plan xeral da inspección educativa

Publica o DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2025/26. 

Outros 26 Xaneiro 2026
'Ponte... nas Ondas!'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na Rede “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2025/26.

Outros 26 Xaneiro 2026
Concurso de traballo por proxectos

A web da Consellaría anuncia a relación de centros premiados no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2024/25.

Outros 26 Xaneiro 2026
Programa 'Lectura e familias'

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.

Outros 22 Xaneiro 2026
Dinamización lingüística

A Consellaría anuncia a apertura da convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.