Xornadas de verán

Xornadas de verán

XORNADAS DE VERÁN

Pola declaración de inconstitucionalidade dos recortes

Recollida de sinaturas

Adxudicación definitiva de destinos provisionais de primaria

Adxudicación definitiva de destinos provisionais de primaria

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
2026
DOG 26 Xuño 2026
Programa PIALE

Publicada no DOG a resolución definitiva da convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE) para o ano 2026.

Outros 26 Xuño 2026
Comisións de conciliación

Pubicada na web da Consellaría a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Outros 25 Xuño 2026
Recursos cREAgal

Presenta a Consellaría os novos recursos educativos abertos (REA) de cREAgal para 2.º e 3.º de ESO.

DOG 23 Xuño 2026
Instrucións para o curso 2026-2027

A Consellaría publica as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.

Outros 23 Xuño 2026
Linguaxe administrativa

Convoca a Consellaría cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

Outros 23 Xuño 2026
Curtas 'Nós tamén creamos!'

Publicada na web da Consellaría a resolución da XIV edición dos premios a curtas de animación en galego do programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!"

Outros 23 Xuño 2026
Bibliotecas escolares solidarias

Anuncia a Consellaría a concesións dos cinco Selos de Biblioteca Escolar Solidaria así como as dez experiencias premiadas na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria no curso 2025/26.

Outros 23 Xuño 2026
Concurso Atrévete a ter unha idea

Publicada a Resolución coa relación de proxectos premiados no concurso Atrévete a ter unha idea 2024/2025.