Xa comezan as consecuencias da aplicación dos novos recortes
Resultado da aplicación do RD Lei 14/2012
A Consellaría, en contra dos que nos tiña comunicado, anuncia ás organizacións con representación na mesa sectorial (CIGEnsino, CCOO, UGT e ANPE) que vai haber cambios nas vacantes de Secundaria, aínda que din que serán mínimas, resultado da aplicación do RD Lei 14/2012 que comunicou que vai aplicar.
Reacciona e participa nas mobilizacións contra estes recortes.
Mobilizacións previstas:
- Manifestacións da CIG polo 1º de maio.
- Concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público do día 8 de maio.
- Nos peches que se iniciarán o día 14 de maio promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público do día 8 de maio.