Unidade Didáctica sobre a poesía de Luísa Villalta e o seu pensamento

A CIG-Ensino publica esta UD cedida pola docente de Lingua e literatura galega, Marta Dacosta, sobre a homenaxeada este ano no Día das Letras

O contido desta Unidade que está directamente relacionado coas cuestións de xénero que desenvolveu Villalta na súa obra leva por título: Luísa Villalta. Un poema para o 8 de marzo e pode visualizarse nesta ligazón.

En concreto esta unidade didáctica propón traballar na aula arredor do poema As damas que antano cantaron, unha obra publicada na Festa da palabra silenciada e que é unha boa mostra da escrita feminista que caracteriza a esta autora.

Volver