Relixión fóra do horario ordinario: posíbel e necesario

Aclaracións aos ataques de CCOO e UGT

Diante da campaña de ataques covardes contra a proposta de sacar do horario ordinario a relixión no sentido de darnos a razón para de seguido soster a imposibilidade legal de levala a cabo, desde a CIG-Ensino queremos facer unha serie de puntualizacións polas acusacións e terxiversacións interesadas coas que se pretende intoxicar a opinión pública.
Relixión fóra do horario ordinario: posible e necesario
Diante da campaña de ataques covardes contra a proposta de sacar do horario ordinario a relixión no sentido de darnos a razón para de seguido soster a imposibilidade legal de levala a cabo, desde a CIG-Ensino queremos facer unha serie de puntualizacións polas acusacións e terxiversacións interesadas coas que se pretende intoxicar a opinión pública.
1º Na CIG-Ensino distinguimos perfectamente a nosa aspiración estratéxica dos avances tácticos que se poden dar en cada momento. Aspiramos a un ensino laico concretándose na absoluta separación igrexa-estado e retirada do ensino público de confesións relixiosas. Mais nestes momentos facemos unha proposta axeitada ao marco legal vixente tal como acredita o feito de que foi presentada por gobernos doutras comunidades.
2º O marco legal o que impón é que haxa que ofertar a relixión e que o alumnado ten dereito a cursala se quere, cousa que coa nosa proposta se garante. Este marco legal é válido pois senón o partido gobernante, que tivo maiorías absolutas suficientes e neste momento ten maioría parlamentar favorable ao ensino laico, xa o tería mudado para facilitar que as súas propostas noutras comunidades tiveran encaixe.
3º É mais lamentable a actitude sindical que desde posturas supostamente contrarias á relixión na escola están a criticar e descalificar as mobilizacións para conseguir descargar estas horas para impedir a redución de materias fundamentais para o alumnado. Este é o caso de UGT e CCOO. CCOO en Galiza acusa a CIG-Ensino de “facer propostas demagóxicas e pseudoprogresistas como a desaparición dá relixión cando sabemos que non é competencia dá Comunidade Autónoma, queda moi ben no papel pero é un engano aos traballadores e unha irresponsabilidade sindical” e, en cambio en Asturias defende exactamente o mesmo que a CIG-Ensino e está a apoiar a iniciativa do seu goberno autónomo cunha campaña co lema “NO A UNA REDUCCIÓN HORARIA DE ALGUNA MATERIA PARA ENCAJE DE LA RELIGIÓN. ENSEÑANZAS RELIGIOSAS FUERA DEL HORARIO ORDINARIO” (véxase esta ligazón)
4º Considérase demagóxico mobilizar en base a pedir algo que ninguén se atreve a dar a cara para contradicir ou negar, non se amosa ningunha proba de que sexa ilegal, mais en cambio, queixarse da redución de horas e manifestarse en contra pero non propoñer alternativas, iso   é serio e responsable? Os sindicatos temos a encomenda de canalizar a voz do profesorado e este clamor a favor dun ensino laico xa non se pode amordazar por máis tempo, sobre todo cando se reduce e marxina a materias fundamentais para a calidade do ensino no noso país. O que deixa en evidencia a postura dos sindicatos que chaman á desmobilización con argumentos falaces en lugar de apoiar esta loita é que son cómplices na práctica da aplicación de medidas regresivas na política educativa.

Volver