Próxima convocatoria no BOE das prazas no exterior

Información da CIG-Ensino da reunión (5 de novembro) do grupo de traballo do exterior

Achegamos información da reunión do Grupo de Traballo do Exterior dependente da Mesa Docente estatal (Ministerio de Educación) no que a CIG-Ensino está presente, de cara a que o profesorado interesado poida ter presente as previsións de datas e prazas relativas a postos no exterior para o curso próximo. 
 
Hai que ter presente que a documentación que se anexa ten carácter provisional e podería sufrir modificacións e que a convocatoria está previsto que se publique nos próximos días. 

Desde o Ministerio indicóusenos o seguinte calendario provisional para esta convocatoria:

- Prevese a publicación das convocatorias de docentes e asesorías no BOE na fin de semana.

Os rascuños que se achegan poden ter algunha modificación até o momento da súa publicación.

- Exposición de listas e baremo: 16 de xaneiro.
- Publicación das listas definitivas: 27 de febreiro.
- Probas: 1ª semana de abril.

Cuestións trasladadas pola CIG-Ensino:

- Solicitamos que as asesorías se abran a todas as especialidades docentes.
- Pedimos que se indicase a relación de postos de traballo no Exterior. Abordarase en próximas reunións.
- Instamos a que se poidan realizar as probas en cada comunidade autónoma e non en Madrid como até o de agora. Non será así nesta ocasión mais tratarase esa posibilidade en futuras reunións.
- Reclamamos unha solución para a situación de precariedade do profesorado interino. Indicóusenos que hai unha negativa para esta posibilidade desde o Ministerio da Facenda, que rexeita a existencia de novos complementos retributivos.
- Demandamos que sexa posíbel realizar as xestións con DKV tamén en galego.
- Reclamamos que o Ministerio cumpra no Exterior coas súas propias recomendacións sobre horas lectivas, algo que nestes momentos non está a facer no Exterior.
- Instamos a que se estabelezan para o profesorado no Exterior días de libre disposición, como os que existen no Estado.
- Preguntamos pola aplicación da licenza de 15 días para as parellas de feito para o persoal con servizo no Exterior. Tratarase en futuras reunións.
- Preguntamos pola situación do Instituto Cañada Blanch de Londres, tras a sentenza xudicial do Reino Unido que permitiría embargar o centro. Sinalóusenos que non hai novidades sobre o tema.
- Propuxemos que, cando exista unha vaga de docente de portugués en Portugal, se convoque en adscrición. Preguntamos tamén polo motivo para que isto non sexa así. Tratarase nunha próxima reunión.

Desde o Ministerio indícasenos que prevén unha reforma a fondo do concurso para próximas convocatorias. Informaríasenos sobre o tema en reunións a que se nos emprazará cando xa estea o novo Goberno español conformado.

Ligazóns a borradores

Resolución convocatoria

Baremo asesorías no exterior

Vacantes de asesores no exterior

Baremo docentes no exterior

Vacantes docentes no exterior

Volver