Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos 2023-24

Ano 2021

Resolución definitiva

Resolución definitiva do 1 de agosto de 2023

Anexo I: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas

Anexo II: Baremo definitiva

Anexo III: Adxudicación definitiva

Resolución provisional

Resolución. Ligazón
Relación provisional de persoas admitidas e excluídas. Ligazón
Baremo provisional. Ligazón
Adxudición provisional. Ligazón
Prazo de reclamacións: do 27 ao 31 de xullo

Convocatoria.

ORDE do 15 de xuño de 2023 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación, e polo tanto comprende dende o 28 de xuño até o 4 de xullo

Como participar.

Información recollida da páxina da Consellaría

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base quinta da orde de convocatoria).

3º. No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE PARTICIPACIÓN CONCURSO ESPECIFICO CONVENIOS 23-24

- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

4º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación (Solicitude de participación, folla de autobaremación e proxecto de traballo), asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

5º. Lembre que deberá anexar coa solicitude a restante documentación establecida na precitada orde.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento PR004A.

No caso do persoal solicitante co expediente sen actualizar, deberá ademais cumprimentar e presentar o procedemento ED011A, premendo aquí, no mesmo prazo habilitado para a presentación de solicitudes

Volver