Por un Convenio propio para o persoal do Consorcio

Representantes da CIG e dos Comités de Empresa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (galescolas e centros de día) concentráronse esta mañá durante a inauguración da escola infantil "A Braña" en Carballo para denunciar a privatización das galescolas e o progresivo deterioro das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do Consorcio. Neste acto, o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao entregoulle á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, un escrito no que solicita unha entrevista na que se aclare o futuro destes centros e na que se aborde a situación laboral do persoal do Consorcio.

Volver