Pola defensa da xornada matinal continua en xuño e setembro

RESPOSTA AO COMUNICADO DE CCOO, UGT, ANPE e CSI-CSIF

Ante o comunicado feito público por CCOO, UGT, ANPE e CSI-CSIF no que nos acusan de deslealdade pola campaña que está a desenvolver a CIG-Ensino contra a eliminación da xornada matinal en xuño e setembro, quemos facer público a nosa resposta.

Pola defensa da xornada matinal continua en xuño e setembro

RESPOSTA AO COMUNICADO DE CCOO, UGT, ANPE e CSI-CSIF

 

Ante o comunicado feito público por CCOO, UGT, ANPE  e CSI-CSIF no que nos acusan de deslealdade pola campaña que está a desenvolver a CIG-Ensino contra a eliminación da xornada matinal en xuño e setembro, queremos manifestar o seguinte:

 

  1. A CIG-Ensino tratou desde o primeiro momento de dar unha resposta conxunta  de todos os sindicatos presentes na Mesa . Por este motivo, promovemos a presentación conxunta na primeira mesa sectorial (21 de marzo) en que se tratou o tema dun escrito rexeitando a proposta da Consellaría. Porén na segunda mesa sectorial (27 de marzo) houbo organizacións  que estaban dispostos a  entrar  na negociación, desmarcándose da proposta inicial, mentres a CIG-Ensino seguiu a defender o escrito conxunto de rexeitamento á proposta da Consellaría.
  2. A CIG-Ensino convocou, o xoves 12 de abril, os demais sindicatos para unha xuntanza para este martes 17, co obxecto de “valorar a posibilidade de convocar o profesorado afectado á folga, se a Consellaría persiste en non manter a xornada matinal”.
  3. En calquera caso, hoxe comprobarase a súa aposta pola unidade sindical se é que realmente acoden á convocatoria feita para hoxe para tratar sobre a folga, que máis que nunca se presenta como necesaria diante da provocación da Consellaría de Educación que vén de publica no DOG o Calendario Escolar.
  4. Na CIG-Ensino entendemos que o tempo aprema e que a inactividade vai en contra dos intereses do profesorado, por iso non podemos deixar pasar os días sen dar unha resposta contundente a Educación, reclamando o mantemento da xornada matinal de setembro e xuño. A CIG-Ensino presentou 6.425 sinaturas contra esta medida na Consellaría de Educación, produto do traballo desenvolvido até agora e no que foi fundamental o apoio do profesorado no seu conxunto a esta campaña.
  5. O único que nos debe mover ás OO.SS. é parar a proposta da Consellaría. Entenderase que, despois de preto dun mes de coñecida esta proposta, a CIG-Ensino non ía estar de brazos cruzados.

Volver