Outras informacións da Mesa Sectorial do 31 de xaneiro de 2012

Vacantes, saúde laboral, axudas equipos de normalización...

Podedes ler nesta nova os varios da da mesa sectorial, os agrupamos, para unha mellor lectura en contestados e non contestados.

Temas aos que a Consellaría deu algunha resposta:

  •  Reclamamos a retirada da orde de 28 de xuño de 2011 pola que se nos impuxo a modificación do horario lectivo e das  nosas funcións, o profesorado foi moi claro na súa posición a este respecto. A Consellaría responde que non teñen a pretensión de retirala. 
  •  Orde especialidade de primaria, que non se limiten temporalmente as habilitacións. Esta orde tiña que ter pasado pola mesa. A Consellaría responde que só se regulan dous prazos, previstos en función de posíbeis convocatorias, entenden que recollen todas as necesarias e se houbese necesidade pois se negociaría unha convocatoria extraordinaria. 
  • Vacantes do concurso de traslados: reclamamos que se publiquen todas as que están informadas positivamente, tamén as de orientación e denunciamos a actitude da Consellaría que non as publicou no debido momento. A Consellaría responde que as vacantes xa foron negociadas e que na Consellaría modificaron os informes chegados das Delegacións no caso dos CPI determinaron non sacar a 2º praza de Secundaria, pola redución de catro cursos a tres. Tamén hai algunha modificación concreta en FP en relación coa dinámica dos ciclos LOE. En relación coas prazas de orientación, di que as que non foron recollidas no concurso foi como medida cautelar, o que non quere dicir que os demais centros non vaian ter atención de orientación.
  • Saúde laboral:  esiximos o cumprimento do dereito á revisión médica. En relacion con isto cómpre sinalar que hai moitas persoas que cada vez teñen máis problemas derivados da profesión e como non hai catálogo de enfermidades profesonais nin está regulada a redución horaria, non poden acollerse a ela, sería oportuno que se tratase este tema. A Consellaría limítase a responder que non teñen unha solución para os problemas de saúde.

Resto de temas presentados e que non foron respondidos:

  • Formación pedagóxica: No BOE do 5 de outubro publicouse a Orde EDU/2645/2011, de 23 de setembro, que establece a formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica esixida a aquelas persoas que non poden cursar o master por falla de titulación. Esta formación esixirase a partires do 1 de setembro do 2013. Correspóndelle á Consellería desenvolver esta orde reclamamos que se faga xa.
  • Axudas Equipos de normalización: aínda non pagaron a todos os centros o 75% das axudas concedidas, correspondentes a 2011 e que tiveron que xustificar antes do 30 de xuño. É inaceptábel, esiximos que se pagen canto antes. Canto ás axudas para o curso 2011-2012, foron publicadas cun atraso excesivo e premeditado. Con este atraso elimínanse as actividades en prol da normalización para o primeiro trimestre do curso e ademais redúcese case no 70% as axudas aos equipos o que vai reducir o número de centros que se poidan beneficiar das axudas.
  • Libro de Vicens-Vives, agardamos que non se execute o disparate anunciado polo Conselleiro.
  • Comedores escolares: imos camiño dun mes no atraso dos pagos aos colaboradores dos comedores. A Consellaría está tendo un comportamento inadmisíbel, non se pode excusar no feito de que ten que unir as dúas consellarías para explicar o impago, nin pode pretender calar aos colaboradores dicíndolles que son voluntarios, como se estivesen reclamando algo que non lles corresponde. Cando contactan coa Adminsitración mesmo se lles contesta mal. Deben realizar imediatamente os pagamentos.
  • Aínda que non é un tema desta mesa, queremos reclamar que se manteña o programa Preescolar na casa. Xa se levaron a cabo varios despedimentos, porque a Consellaría retirou o seu apoio. A continuidade está en perigo. 
  • Preguntamos sobre unha unha comunicación aos centros con partidas en función do alumnado estranxeiro matriculado, a que obedece? Con que criterios se realizou?
  • Programa La Ida, da Fundación Paideia. Mediante este programa hai centros que teñen alumnado alemán que só fala alemán, que nin o centro, nin o claustro, só na CCP, teñen información. En que revirte isto no sistema educativo galego, se non hai intercambio para o alumnado galego? En que consiste este programa?
  • Esiximos o cumprimento da Lei de memoria histórica. Na provincia da Coruña aínda hai casos de nomes de centros. Estamos a falar do cumprimento dunha lei orgánica. A Administración ten que dar instrucións para que se cumpra.

Volver