Ourense acolle hoxe o último peche contra os recortes no ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público promoveu catorce peches en todo o país nos que participaron máis de 1.000 persoas

A campaña de peches rotativos en contra dos recortes no ensino público chega ao seu fin cun encerro na Xefatura Territorial de Educación de Ourense hoxe, venres, 1 de maio. Durante as dúas últimas semanas, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fixo catorce peches no que pais e nais, estudantes e docentes amosaron o seu rexeitamento a que a Consellaría de Educación aplique no ensino galego as medidas que contempla o RD Lei 14/2012 e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza. GALERIA DE FOTOS NO INTERIOR.

Os encerros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público comezaron en Santiago e Melide o 14 de maio e continuaron en Ferrol, Verín, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Burela, Bueu, A Guarda, Ribeira e Carballo. Unha vez rematadas estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a participar na manifestación que sairá o domingo, 3 de xuño, ás doce da Alameda, e que confluirá coa convocada en defensa da sanidade pública.

Nesta ligazón podes acceder ás imaxes dos peches.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeita os recortes propostos, denuncia que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentarán o fracaso escolar e suporán o despedimento de máis de 2000 profesores/as.  Por todo isto, esixe que o Goberno galego actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego, que se negue, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias.

Ourense acolle hoxe o último peche contra os recortes no ensino público

Volver