Os traballadoras/es do Consorcio levantan o peche logo de catro xornadas

CIG-INFORMA Mobilizacións no Consorcio

As traballadoras e traballadores do Consorcio e os delegados e delegadas da CIG decidiron levantar o peche logo de pasar catro xornadas encerrados/as na sede do organismo en Compostela. Dende a CIG-Ensino lamentouse a falta de “valentía” para continuar os procesos selectivos e advertiuse ao futuro goberno do PP que non se admitirán novas demoras nas probas nin se “tolerará” o cuestionamento do carácter público do Consorcio.

Ligazón

Volver