Os peches contra a LOMCE e os recortes comezan este martes 9 no IES Rosalía de Castro de Santiago

O peche convocado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manterase desde as 17 horas da tarde ás 10 de mañá

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inicia este martes 9 de abril no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela os peches rotatorios en contra da LOMCE e os recortes no ensino público. O peche manterase até as 10 da mañá do mércores 10 de abril.

Estes peches teñen como obxectivo amosar o rexeitamento da comunidade educativa no seu conxunto ao anteproxecto de LOMCE e a política de recortes coa que o PP teima en castigar o ensino público galego. Os peches iranse sucedendo ao longo de todo o mes de abril nas datas e lugares que se indican de seguido:

  •     10 de abril:  A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)
  •     11 de abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
  •     11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)
  •     12 de abril A GUARDA (IES A Sangriña)
  •     15 abril  CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
  •     15 abril CANGAS (IES Rodeira)
  •     16 de abril LALIN (CEIP Xesus Golmar)
  •     17 abril LUGO (IES As Mercedes)
  •     18 abril  VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
  •     22 abril BURELA (IES Monte Castelo)
  •     22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
  •     23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)
  •     24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)
  •     24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
  •     25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
  •     26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)

 Outras novas:

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fará peches nos centros de ensino durante todo o mes de abril contra a LOMCE e os recortes

Volver