O profesorado substituto convocado pola CIG-Ensino volve esixir diante de Educación o restablecemento do contrato de verán

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría vai rematar o mandato con máis de 3.000 prazas de profesorado suprimidas

Profesorado substituto convocado pola CIG-Ensino concentrouse esta mañá diante da Consellaría de Educación en Santiago para esixir o restablecemento do contrato de verán ao que tiñan dereito os/as docentes no caso de traballar máis de 5 meses e medio. A CIG-Ensino, que celebrou hoxe unha asemblea con afectados e afectadas, esíxelle á Consellaría que rectifique e que deixe sen efecto esta decisión que afecta ao profesorado que traballa en condicións máis precarias.

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría adoptou esta  nova medida de recorte de xeito unilateral e advirte que continuará coas mobilizacións se non repón un dereito que se conseguiu que se recoñecese despois de importantes mobilizacións no ano 2006. Durante  a concentración de hoxe, Anxo Louzao, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, lembrou que esta decisión afecta ao profesorado que traballa máis en precario “que ten que estar continuamente á disposición da Administración, ao que se chaman dun día para outro e ten que incorporarse en calquera centro do país con contratos dun día, unha semana, un mes...”

Esta medida afecta a 1.000 profesores/as aproximadamente pero é un colectivo potencialmente en aumento xa que cada vez son máis os/as  interinos/as que fan substitucións. “Esta Consellaría é unha fábrica de parados e paradas –di Louzao. Rematará o mandato con máis de 3.000 prazas de profesorado suprimidas. Mentres non ten inconveniente en manter concertos educativos innecesarios, mesmo con centros que segregan o alumnado por razóns de xénero”.  

 

O profesorado substituto convocado pola CIG-Ensino volve esixir diante de Educación  o restablecemento do contrato de verán

Volver