O PP dálle unha nova azouta ao ensino público coa aprobación da LOMCE no Senado
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público advirte que aínda aprobándose está condenada ao fracaso
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público lembra que a LOMCE afonda nas diferenzas sociaise e impide o acceso en igualdade de condicións a unha educación pública de calidade. A LOMCE vai dirixida, ademais, a uniformar os contidos, eliminando a diversidade histórica, cultural e lingüística. Ademais reforza a confesionalidade, impide o ensino laico e blinda os concertos. Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público é unha lei profundamente antidemocrátia e antipedagóxica, que xerarquiza o ensino, que só pode explicarse desde as posicións ideolóxicas máis extremas e reaccionarias do PP.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continuará batallando até conseguir a súa retirada e exixe da Consellaría de Educación que non a aplique por ser unha lei ademais de elitista, privatizadora e confesional, totalmente españolizadora que retrae as xa cativas competencias que temos no ámbito educativo.