O Correlingua 2022 levou a festa do galego a Vigo

As crianzas da comarca de Vigo desfrutaron da actuación en vivo do grupo musical Zëndar

As crianzas da comarca de Vigo desfrutaron en vivo da proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo do dereito de crecer en galego. Os centros educativos participantes foron o CEIP Otero Pedrayo, o CEIP Balaídos e o IES San Tomé.

A festa reuniu máis de 250 alumnas e alumnos no Auditorio Municipal do concello de Vigo e foi presentada por Fran Rei ás doce da mañá, onde tamén fixo a lectura do manifesto.

O grupo musical Zëndar amenizou en directo o encontro, que para aqueles que non puideron estar ao vivo dispuxeron da emisión en directo da festa do Correlingua 2022 a través da súa canle de You Tube.

Emisión en diferido

"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O venres 20 de maio ás 12:00 na Praza do Seixo en Tomiño. Actuará Mekánika Rolling Band e o acto será presentado por Fran Rei.

Volver