O 28 de xuño nas aulas

Material didáctico arredor do día do Orgullo LGBT para traballar a diversidade nas aulas de Primaria e Secundaria con propostas participativas

A CIG-Ensino quere contribuír a conseguir unha escola libre de violencias, exclusións e discriminacións. Con esta angueira, achega estas unidades didácticas coas que poder traballar a diversidade sexual nas aulas de maneira que se fortaleza e celebre a diversidade.

Imaxe da portada cedida pola compañía de teatro A Panadaría

Tamén queremos incidir desta maneira na necesidade do cumprimento da Lei 2/2014 pola igualdade de trato e non discriminación da lgtbiqa+ en Galicia na que se sinala a responsabilidade de incluír a diversidade como un contido no currículo escolar.

“NORMAL é un programa de lavadora”. Primaria

Unidade didáctica para traballar a diversidade nas aulas de primaria elaborada por Mar Cendón.

Esta unidade pretende ofrecer estratexias para incluír a identidade e orientación sexual nas aulas, entender positivamente a diversidade e contribuír a crear espazos educativos seguros e de coidado.

“NORMAL é un programa de lavadora". Secundaria.

Unidade didáctica para traballar a diversidade nas aulas de secundaria”

Con esta proposta pódese traballar no alumnado unha actitude crítica e facilitar a súa reflexión sobre a diversidade e a igualdade.

Volver

Novas relacionadas