Novidades sobre as oposicións 2018

O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos celebrarase o día 23 de xuño de 2018, ás 9.00 horas.

Datas e prazos importantes do proceso

En Secundaria e Formación Profesional haberá dúas opcións no exercicio práctico. Na convocatoria aparece por primeira vez, con carácter xeral e idéntico para todas as especialidades, que os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica das cales a persoa aspirante escollerá unha, que pola súa vez poderá constar de varias partes.

Non así no Corpo de Mestres, onde esta opcionalidade non aparece.

A CIG Ensino vén de presentar un escrito dirixido ao conselleiro reclamando que dote da mesma opcionalidade ás persoas aspirantes ás especialidades do Corpo de Mestres

Na mesma fase práctica tamén se fixa a ponderación entre a programación e a unidade didáctica, tal e como solicitamos na mesa sectorial, quedando nun 40% para a programación e un 60% para a unidade didáctica, mentres que nós pedíamos 50/50.

Tamén, a petición da CIG Ensino, eliminouse a imposibilidade de matricularse pola quenda de reserva de persoas con discapacidade en máis dunha especialidade.

Nos anexos da Orde tamén aparecen as rúbricas de avaliación da segunda proba (programación e unidade didáctica), que non deixan de ser uns criterios de avaliación para a fase práctica que contribúen á transparencia na avaliación do proceso, algo que ano tras ano demandamos desde a CIG Ensino.

A consellaría tamén recolleu no práctico de lingua e literatura galega o tempo máximo de 3 horas así como a posibilidade de non realizar todas as probas, tal e como reclamou a CIG Ensino na mesa sectorial.

No  mesmo anexo concretouse, tamén a petición da CIG Ensino, dentro de procesos comerciais o apartado das aplicacións informáticas, quedando redactado da seguinte forma: “aplicacións informáticas para o procesamento de textos e a creación de documentos, follas de cálculo, bases de datos, xeración de presentacións gráficas e integración entre aplicacións e documentos”.

A petición da CIG Ensino a Consellaría inclúe na convocatoria que a fase de prácticas se poderá flexibilizar tanto en duración como en temporalización.

Outras novidades.

Inscrición e pago só na rede, é necesario ter a chave365 ou un certificado dixital.

Ponderación da nota final. A oposición un 60 % e o concurso un 40%.

Cambios no baremo: máximo 7 puntos por experiencia laboral, 0,7 puntos por ano cun máximo de 10 ano.

Este ano hai dous tribunais suplentes, no lugar dun só, e nas causas de exención súmase a de estar a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2018 e que continúen durante o período en que lle correspondería actuar como membro do tribunal. O sorteo dos mesmos é o 22 de maio, aínda que as presidentas seguen sendo de nomeamento directo.

A asignación de aspirantes por  tribunal iniciarase polo persoal aspirante cuxo primeiro apelido se inicie pola letra G.

A alegación de méritos para o concurso farase tamén vía web, só o persoal que superase a primeira proba,  pero hai que imprimir e presentar ante o tribunal o documento que relaciona os méritos xunto cos mesmos.

No caso  A1-A1 e A2-A1 só teñen que alegar méritos que non consten na base de datos da Consellaría.

Datas e prazos

  • Proba de castelán: 8 de xuño de 2018, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo 5, Compostela).
  • Proba de galego: 8 de xuño ás 18.00 horas, no mesmo IES As Fontiñas.
  • O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos celebrarase o día 23 de xuño de 2018, ás 9.00 horas.
  • A alegación de méritos para o concurso farase tamén vía web, só o persoal que superase a primeira proba,  pero hai que imprimir e presentar ante o tribunal o documento que relaciona os méritos xunto cos mesmos.

Toda a información sobre as oposicións ao corpo de primarialigazón

Toda a información sobre as oposicións ao corpo de secundarialigazón

Toda a normativa referente ás oposicións docentes na Galiza: ligazón

CIG Informa resumo coas principais novidades nas oposicións de 2018

Documento


Volver