Novas sobre o boletín de notas de educación infantil

Resposta da administración á denuncia da CIG-Ensino apoiando ao profesorado de Educación Infantil

Na mesa do 16 de xaneiro a administración, ante a solicitude de cumprimento da resposta dada á CIG-Ensino e ao profesorado de infantil sobre o boletín e información trimestral ás familias no primeiro trimestre, indicou que no segundo trimestre se poderían  incluír só os criterios de avaliación escollidos polo profesorado de Educación Infantil.

Previo á mesa do 12 de marzo o sindicato confirmou que non había aínda nada novo sobre ese compromiso.

Na citada mesa indicamos que xa non había tempo para solucións que se poidan adaptar ao Proens ou Xade, polo tanto solicitabamos que se lle permitira ao profesorado de Educación Infantil elaborar o seu propio boletín e se lles informara desta posibilidade co tempo necesario para podelo facer.

De forma sorpresiva a administración indicou que modificaran o Xade para configurar o boletín de Educación Infantil e que o profesorado podería desmarcar os criterios das unidades didácticas que non considere necesarios en cada boletín.

Indicounos a directora xeral de ordenación e innovación educativa que publicarían en breve unhas instrucións na páxina web da Consellaría, instrucións que acaba de remitirnos e que podedes descargar na seguinte ligazón

Tamén adianta a Consellaría que para o ano van incluír, dentro do Proens, modelos de Unidades Didácticas con exemplos de subcriterios para os boletíns.

Volver