Modificación dos permisos de maternidade e paternidade

Publicada a LEI 9/2017, do 26 de decembro, de medidas sociais e administrativas o 28 de decembro de 2017

A partires do 1 de xaneiro os permisos de parto, adopción ou acollemento e o do cónxuxe persoal funcionario que non estea a gozar do permiso por parto, adopción ou acollemento son modificadas pola lei 9/2017.

Quedando, a partir do 1 de xaneiro, os permisos da seguinte forma:

  • Permiso por parto, adopción ou acollemento.

20 semanas (no lugar das 18 actuais).

  • Permiso do outro proxenitor por nacemento, adopción ou acollemento dun fillo/a.

5 semanas (no lugar dos 29 días actuais).

A nova duración do permiso por parto e do permiso doutro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo será de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos o 1 de xaneiro.

Fronte a isto a CIG aposta por un permiso de maternidade de 12 meses de duración e que progresivamente o permiso para o outro proxenitor se amplíe até chegar á mesma duración, consolidándose o permiso de maternidade como un permiso non transferíbel. 

No camiño de acadar ese obxectivo é obvio que a proposta da Xunta, e aínda recoñecendo un pequeno avance, é totalmente insuficiente.

Solicitamos a negociación real dun plan de ampliación de todos os permisos recollidos na Lei de Emprego Público e, especificamente, os que agora se nos presentan.

Dentro desta negociación seguimos demandándolle á Consellaría que flexibilice o permiso por nacemento da outra persoa proxenitora no caso de hospitalización das crianzas, tal e como xa fixemos o 13 de decembro. Ligazón

Modificación dos Permisos de Maternidade e Paternidade

A LEI 9/2017, do 26 de decembro, de medidas sociais e administrativas o 28 de decembro de 2017 contempla a modificación dos permisos de paternidade e maternidade das e dos empregados públicos.

Documento


Volver