Mobilízate hoxe pola tarde contra a proposta da Xunta de novos recortes salariais para o 2013

Mañá está convocada unha concentración ás 13:30 horas diante da EGAP, en Santiago, coincidindo coa reunión convocada pola Xunta

A Xunta de Galiza vén de convocarnos a unha xuntanza extraordinaria para mañá venres ás 13:45 cun único punto na orde do día o “estudo do anteproxecto relativo á masa salarial do Capítulo I do proxecto de lei de orzamentos da Xunta para o ano 2013, en particular a adopción de medidas retributivas na liña das tomadas pola Administración do Estado en 2012, como consecuencia da redución á metade do obxectivo de déficit para o 2014”.

O primeiro que temos que denunciar é que se nos convoca a esta reunión sen achegarnos ningunha documentación sobre o punto que se vai tratar o que amosa unha actitude impositiva e non negociadora por parte do Goberno galego. Non se nos fornece da proposta que queren levar a cabo o que nos impide poder analizala e valorala. Todo indica que esta maneira de proceder responde á pretensión de asaltar de novo os nosos salarios. Hai que lembrar que o salario dos empregados e empregadas públicos da Xunta reduciuse desde 2010 en máis dun 20%, deixáronnos sen paga extra este mes, despediuse numeroso profesorado, incrementouse o horario lectivo, reducíronse os cadros de persoal nos centros, penalízasenos por enfermar, ect.

A teor do recollido polos medios de comunicación e do que se pode deducir da orde do día, a Xunta pretende reducir aínda máis o noso salario como xa o fixo no 2011, que se nos suprimiu a extra de Nadal, o que significa aproximadamente o 7% do noso salario. A CIG-Ensino baixo ningún concepto aceptará que se aseste unha nova navallada ao profesorado. Responderemos a calquera pretensión de reducir o noso salario mobilizándonos contra esta política demoledora, destrutiva, liquidadora dos nosos dereitos laborais e conquistas sociais acadadas.

A mellor resposta que podemos darlle hoxe é participar nas mobilizacións que ten convocado para esta tarde nas diferentes comarcas a Alianza Social Galega, da que a CIG forma parte. “Rouban, atracan o noso peto, aprópianse de parte do noso traballo para entregárllelo á banca e aos grandes intereses económicos -denuncia Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. A solución pasa por un modelo de Unión Europea alternativo ao actual, que utiliza o argumento do control do déficit e a débeda pública”.

A CIG-Ensino tamén chama a participar nunha concentración ás 13:30 horas diante da EGAP, coincidindo coa reunión convocada pola Xunta.

Pode consultar nesta ligazón a convocatoria enviada pola Xunta

MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS PARA HOXE

OMARCA

LOCALIDADE

LUGAR

HORA

 

 

 

 

A CORUÑA

A CORUÑA

Delegación do Goberno

19:30

 

 

 

 

FERROL

FERROL

Edificio da Xunta de Galicia

19:30

 

 

SANT-BARB

SANTIAGO

Praza de Galicia

19:30

 

 

 

 

LUGO

LUGO

Subdelegación do Goberno

20:00

 

 

A MARIÑA

BURELA

Praza da Mariña

20:00

 

 

 

 

OURENSE

OURENSE

Subdelegación do Goberno

19:30

 

 

 

 

PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Subdelegación do Goberno

19:30

 

 

AROUSA

VILAGARCÍA

Praza de Galicia

20:00

 

 

 

 

O BARCO

O BARCO

  Praza do Concello

20:00

 

 

VIGO

VIGO

O Marco (rúa do Príncipe)

20:00

 

 

 

 

Volver