Mobilizacións e folga de estudantes o 10 de maio en contra dos recortes

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a participar nesta convocatoria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que a CIG-Ensino forma parte, acordou o pasado 25 de abril, entre as medidas a levar a cabo contra o Real Decreto Lei 14/2012, apoiar a folga e as mobilizacións convocadas polas organizacións estudantís e xuvenís para o xoves 10 de maio. “O ensino é un dereito, non un privilexio” é o lema desta mobilización na que se lle esixirá á Consellaría de Educación que non aplique a suba de taxas proposta polo Goberno central.

A suba de taxas proposta pode chegar até o 66% o que, na práctica, pode supor un encarecemento das matrículas superior aos 540€, a maior suba de taxas da historia. Para a CIG-Ensino estamos ante unha agresión sen precedentes ao ensino público e á sociedade galega, xa que a medida deixará  fóra do acceso ao ensino universitario ás clases máis desfavorecidas, conculcando o dereito á igualdade de oportunidades na educación.

Durante o día 10, o estudantado ten previsto realizar mobilizacións nas 7 cidades galegas, así como en Vilagarcía, Burela e Verín. De seguido relacionamos os lugares aos que acudir:

 Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h

A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h

Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h

Lugo, na praza do Seminario ás 12:00h

Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h

Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h

 Vigo, na praza de América ás 12:00h

Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h

Verín, na praza do Concello ás 12:00h

Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h

Volver