Mesa sectorial do 10 de xuño. Conversión centros ES en CIFP. Orde comisións de servizos. Asesores/as e Coordinadores/as.

Esta mesa é continuación da celebrada o martes día 7.

Nesta nova podes atopar as ligazóns aos decretos e ordes que serán tratados na mesa sectorial.

Orde do día da mesa sectorial do 10 de xuño

1  Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 5 e 24 de maio

2 Proxecto de Decreto, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas: Ligazón

3 Proxecto de Decreto, polo que se regula a cobertura de diversas prazas en réxime de comisión de servizos por persoal funcionario docente que imparte as ensinanzas reguladas na LOE: Ligazón

4 Orde pola que se convoca concurso de méritos para cubrir prazas de persoal asesor na consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Ligazón

5 Orde pola que se convoca concurso público para cubrir postos de coordinadoras e coordinadores de área dos equipos de dinamización da lingua galega: Ligazón

6  Rogos e preguntas. 

Volver