Informacións sobre a LOMCE

CIG Infomas, borradores, emendas, novas...

Toda a información sobre a LOMCE.

O 16 de febreiro paremos o ensino

CIG-INFORMA Xaneiro 2017

Nin reválidas nin LOMCE

CIG-INFORMA Outubro 2016

O ensino galego contra a LOMCE

CIG-Informa Xaneiro 2014

24 de outubro folga no ensino galego contra a LOMCE

CIG-Informa Setembro de 2013

A LOMCE contra o ensino público galego

CIG-Informa Xaneiro de 2013

A LOMCE unha lei para españolizar o ensino

CIG-Informa Outubro de 2012

Borradores e proxectos da LOMCE

Texto consolidado da LOE coas incorporacións da LOMCE (BOE 30-12-2013)

A LOMCE aprobada e publicada no BOE (10 de decembro de 2013)

Proxecto da LOMCE (17 de maio de 2013)

Anteproxecto da LOMCE (terceiro borrador)

Segundo borrador da LOMCE

Primeiro borrador da LOMCE

Emendas e informes sobre a LOMCE

Emendas da CIG Ensino ao anteproxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa no Consello Escola do Estado.

Informe alternativo ao primeiro anteproxecto de lei orgánica para a mellora da calidade educativa, presentado pola CIG Ensino (outubro)

Informe alternativo ao segundo anteproxecto da LOMCE (xaneiro)


16/1/2014 Accede no interior da nova aos borradores dos currículos coas ensinanzas mínimas

O Ministerio de Educación levará á Permanente do Consello Escolar do Estado o 30 de xaneiro os novos curriculos LOMCE que regulan as ensinanzas mínimas das materias dos diferentes niveis educativos unha vez que aprobou a LOMCE. No interior da nova podes acceder aos borradores dos currículos e ao proxecto de Real Decreto polo que se estabelece o curriculo básico de primaria, da ESO e do Bacharelato.


18/12/2013 Realizou un acto simbólico este mércores 18 de decembro porque a loita contra a LOMCE continúa

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou este mércores 18 de decembro un acto simbólico na Consellería de Educación no que queimou a LOMCE. Posteriormente, representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregáronlle ás cinzas no Rexistro da Xunta dirixidas ao conselleiro e acompañadas dun escrito no que se denunciaba a súa actitude no proceso de aprobación da LOMCE


13/12/2013 Está convocado para o xoves 19 de decembro

O Ministerio de Educación ven de convocar o Consello Xeral de Formación Profesional para tratar o borrador do Real decreto que regula e fixa o curriculo da FP Básica e no que se tratarán tamén os novos títulos de Formación Profesional Básica. A reunión será este xoves 19 de decembro. Consulta no interior da nova toda a información.

22/11/2013 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público advirte que aínda aprobándose está condenada ao fracaso

O PP dálle unha nova azouta ao ensino público coa aprobación da LOMCE no Senado 

Coa aprobación da LOMCE no Senado o PP persiste na súa intención de querer aprobar unha lei rexeitada non só polo ámbito educativo, senón tamén polo conxunto da sociedade como así o confirman as múltiples, multitudinarias e diversas mobilizacións e folgas que levamos a cabo desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Malia esta teima, o PP sabe que esta é unha lei que aínda aprobándose está condenada ao fracaso.

 

18/11/2013 Participaron escritores e escritoras, persoas vinculadas ao mundo das artes escénicas, plásticas e á música

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que esixen a retirada da LOMCE 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou este martes 18 de novembro no rexistro xeral da Xunta, en Santiago de Compostela, 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que, a través da adhesión ao manifesto Cultura galega contra a LOMCE, veñen de sumarse ao clamor popular que exixe a súa retirada.

 

14/11/2013 Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Carballo acolleron diferentes actos que tiveron como protagonista á cultura, con actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores e escritoras

Música e letras contra a LOMCE 

Desta volta a cultura foi a protagonista dos actos contra a LOMCE que na tarde deste mércores 13 de novembro organizou a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Carballo acolleron unha nova cita, con actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores e escritoras, para dicirlle non a LOMCE e exixir a retirada dunha lei que é reaccionaria, clasista, españolizadora, privatizadora, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e que expulsará do ensino ao alumnado con menos recursos.

 

11/11/2013 Incluirán actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores e escritoras

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza novos actos contra a LOMCE o 13 de novembro 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou este luns 11 de novembro en rolda de prensa o programa dos diferentes actos contra a LOMCE que se realizarán na tarde do mércores 13 de novembro en oito localidades distintas. Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Carballo acolleran os actos que terán como protagonista á cultura, con actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores e escritoras. Consulta no interior da nova a programación dos diferentes actos.

 

24/10/2013 A CIG-Ensino dalle os parabéns ao profesorado polo éxito da folga e das manifestacións

A CIG-Ensino cifra en máis de 65.000 as persoas que saíron á rúa en Galiza e considera un éxito o paro masivo contra a LOMCE 

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, considera que a folga contra a LOMCE foi un “éxito rotundo” superándose mesmo a participación que houbo na convocatoria do mes de maio. Xunto a isto, tamén valorou moi positivamente a participación de máis de 65.000 persoas nas manifestacións que desde as 11:30 horas percorreron as rúas das principais cidades e vilas do país convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Marchas multitudinarias para dicir “Non á LOMCE” e para denunciar unha lei que cualificou como “españolizadora, privatizadora, elitista, clasista e antidemocrática”. 

 

23/10/2013 E anima a participar nas mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca mobilizacións ás 11.30 horas en Lugo, Burela, Ferrol, Carballo, Cee, A Coruña, Santiago, Ribeira, O Barco, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía, Lalín e Vigo

 

17/10/2013 Asina contra a LOMCE se pertences ao ámbito cultural ou a algunha asociación que desenvolva a súa labor nese ámbito

A Cultura Galega contra a LOMCE 

O sistema educativo que impón a LOMCE é un sistema afastado do noso país, da nosa cultura, da nosa historia e da nosa lingua, é dicir, de todo aquilo que nos conforma como pobo. Un sistema que pretende formar persoas desarraigadas que non se recoñezan no contexto que as rodea, converténdoas en analfabetas na cultura e mesmo na lingua que este país creou ao longo dos séculos.

 

16/10/2013 Convocou un acto reivindicativo diante da Consellaría como preludio da folga e as manifestación contra a LOMCE do 24 de outubro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrégalle cabazas ao ministro e ao conselleiro polo seu suspenso como responsables da Educación 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizou este mércores 16 de outubro una nova protesta contra a LOMCE que consistiu nunha concentración diante da Consellaría de Educación. Ademais representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaron no rexistro da Xunta unha caixa chea de cabazas dirixidas ao conselleiro e ao ministro para simbolizar o seu suspenso “ moi merecido” como responsables da aprobación da LOMCE e dos continuos recortes ao ensino público.

 

11/10/2013 A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións convocadas para ás 11.30 horas da mañá

O PP aséstalle unha nova puñalada ao ensino público ao aprobar o proxecto de LOMCE no Congreso e enviala ao Senado 

O PP asestoulle unha nova puñalada ao ensino público ao aprobar no Congreso do Deputados, coa súa maioría parlamentaria, o proxecto de LOMCE e enviala para o seu debate ao Senado. Diante deste novo paso adiante cara a aprobación da LOMCE, que ignora o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade galega no seu conxunto a esta lei educativa, a CIG-Ensino fai un chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións que hai convocadas para ese día ás 11:30 horas nas sete cidades e en diferentes vilas, xa que esta convocatoria colle agora maior relevancia.

 

28/9/2013 Demanda a derrogación da lei por centralista, españolizadora e antidemocrática

A CIG-Ensino avalía como un éxito as marchas contra a LOMCE convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público 

Compostela acolleu este sábado a centos de persoas que participaron nas marchas contra a LOMCE convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público. Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino valorou como un éxito a mobilización que tinxiu de azul a praza de Praterías e que é o preámbulo da folga xeral convocada no ensino galego para o vindeiro 24 de outubro e das manifestacións que se celebrarán ás 11:30 horas desa mesma xornada nas cidades e vilas galegas.

 

23/9/2013 As mobilizacións contra a LOMCE continúan este sábado 28 cunha Marcha a pé a Santiago que remata ás 12 horas na Praza de Praterías

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro e manifestacións para ese día ás 11:30 horas 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que a CIG-Ensino forma parte, convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro en todo sistema educativa galego. Así o anunciaron este luns 23 de setembro representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público nunha rolda de prensa na que fixeron un chamamento a secundar a folga e participar de xeito masivo nas mobilizacións que se van realizar ese día ás 11:30 horas da mañá nas sete cidades, na Mariña, Cee, Carballo, Lalín e Vilagarcía.

 

11/9/2013 A mobilización coincidiu co inicio do curso en Infantil e Primaria e a publicación da adxudicación de destinos provisionais de Secundaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concéntrase diante de Educación para denunciar os recortes en educación e exixir a retirada da LOMCE 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse este mércores 11 de setembro diante da Consellaría de Educación, coincidindo co inicio do curso en ensino infantil e primaria. Durante o acto, os e as asistentes construíron os lemas “Non aos recortes na educación” e “retirada da LOMCE” con letras de gran formato para escenificar a oposición da comunidade educativa á política de desmantelamento do ensino público e á aprobación da LOMCE. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público tamén entregou un escrito o conselleiro de Educación no que solicita, unha vez máis, que atenda a exixencia da comunidade escolar galega de retirar esta lei, tal e como o está demandando, maioritariamente, nas diferentes mobilizacións.

 

15/7/2013 Anxo Louzao aclarou que o PP en Galiza négase a participar de ningún debate sobre o tema, até o punto de non levar a LOMCE a debate ao Consello Escolar de Galiza

O Secretario nacional da CIG-Ensino reclama a retirada da LOMCE na súa comparecencia na Comisión de Educación no Congreso dos Deputados 

Hoxe, 15 de xullo, iniciouse no Congreso dos Deputados o debate en pleno da LOMCE en sesión extraordinaria celebrada no Senado. Anxo Louzao compareceu na súa calidade de Secretario Nacional da CIG-Ensino e membro do Consello Escolar do Estado, convidado polo BNG, a quen agracedeu no inicio da súa intervención a oportunidade de poder explicar ante a Comisión as razóns polas que a CIG-Ensino e tamén a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeitan este proxecto na súa totalidade. NO INTERIOR DA NOVA TES LIGAZÓN AO TEXTO COMPLETO DA INTERVENCIÓN ASÍ COMO AO VÍDEO DA INTERVENCIÓN.

 

9/7/2013 A Consellaría deixa en mans das direccións a adxudicación das cafetarías dos IES

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación se adianta á aplicación da LOMCE e comeza eliminar competencias do Consello Escolar 

A Consellaría de Educación enviou aos centro novas instrucións para realizar este curso a contratación do servizo de cafetería en todos os Institutos de Galiza, poñendo fin aos contratos que estiveron en vigor durante este curso. O contrato de xestión terá unha duración dun curso académico.

 

8/7/2013 Copla contra a LOMCE

NON Á LOMCE 

Como sabedes é habitual que as e os da CIG Ensino en todas, ou case todas, as concentracións, manifestacións... canten unhas estrofas aproveitando aos nosos músicos e músicas. Desta vez e dada a importancia que ten a loita contra a LOMCE a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público deu un paso máis e gravou a copla para que a poidades escoitar, difundir, utilizar... sempre loitando contra a LOMCE.

 

25/6/2013 As chararelas de San Xoán foron o escenario dunha nova protesta contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público queima a LOMCE 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público escolleu as cacharelas de San Xoán para facer unha nova protesta contra a LOMCE na noite do 23 ao 24 de xuño. No interior da nova podes ver fotos de diferentes lugares nos que a LOMCE foi queimada simbolicamente

 

14/6/2013 A CIG-Ensino fai unha valoración positiva dos actos que se desenvolveron nas cidades e diferentes vilas do país na tarde deste xoves 13 de xuño

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inza as rúas de música e textos contra a LOMCE 

As rúas de Santiago, A Coruña, Lugo, Pontevedra,Ourense, Vigo, Vilagarcía, Carballo, Cee e Vila de Cruces acolleron este xoves 13 de xuño novos actos públicos en contra da aprobación da LOMCE organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. En Ferrol estas mobilizacións lúdicas, con música e textos nos que se amosa o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade no se conxunto á LOMCE, serán o 18 ás 19:30 horas.

 

5/6/2013 Representantes da Plataforma parodiaron o conselleiro de Educación, o ministro Wert, a igrexa e a patronal da privada mediante a representación dun xuízo no que se volveu a esixir a retirada da LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público incóalle un “expediente disciplinario” ao Ministro Wert 

Integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizaron este mércores, 5 de xuño, diante da Consellaría de Educación en San Caetano, unha nova mobilización en contra da LOMCE que neste caso consistiu na representación dun xuízo que rematou coa apertura dun expediente disciplinario ao Ministro Wert habida conta do seu “maltrato ao ensino público” e coa súa expulsión do Sistema Educativo.

 

30/5/2013 Representantes da Plataforma rexistraron o escrito dirixido ao conselleiro este xoves 30 de maio

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público insta ao conselleiro de Educación a que o Goberno galego exixa a retirada da LOMCE 

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este xoves 30 de maio un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, no que se insta ao Goberno galego a solicitar a retirada da LOMCE, tal como están facendo os gobernos doutros territorios do Estado que igual que o galego vén atacadas e invadidas as súas competencias en materia educativa e perseguidos os seus idiomas propios.


9/5/2013 MÁIS DE 40.000 PERSOAS PARTICIPARON NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS EN TODO O PAÍS POLA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
A CIG-Ensino valora como un “rotundo éxito” o seguimento en Galiza da folga contra a LOMCE, un dos territorios do Estado onde a participación foi máis elevada. Preto do 90% do alumnado e o profesorado non estiveron hoxe nos centros educativos. “Foi un verdadeiro éxito e debera servir para que o Goberno do Estado paralice unha lei tan letal para o ensino público galego”; explicou hoxe Anxo Louzao, o Secretario Nacional da CIG-Ensino.
16/4/2013 A PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO, QUE TAMÉN CONVOCA, REALIZARÁ MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS EN TODO O PAÍS
A CIG-Ensino anunciou este martes 16 de abril en rolda de prensa que convocará unha folga en todo o ensino público galego para o próximo 9 de maio. A CIG-Ensino xa advertiu no inicio do curso, diante da presentación do anteproxecto de LOMCE, que se o Ministerio de Educación non retiraba a proposta era necesaria unha folga no ensino. No interior da nova podes acceder aos lugares nos que se realizarán as mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que anunciou este 18 de abril en rolda de prensa que tamén convoca a folga do 9 de maio.
15/4/2013 AS ACCIÓNS PARA AMOSAR A OPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA Á LOMCE TERÁN CONTINUIDADE O 9 DE MAIO COA FOLGA NO ENSINO E AS MANIFESTACIÓN E CONCENTRACIÓNS CONVOCADAS POLA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO PARA ESE DÍA
Cun peche no IES Torrente Ballester de Pontevedra rematou este sábado 26 de abril a campaña de peches rotatorios en centros educativos en todo o país en contra da LOMCE e os recortes no ensino público, organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valora positivamente estes peches que se foron sucedendo en 15 centros de ensino, contando coa participación de nais e pais, profesorado e alumnado, e que terán continuidade na folga no ensino convocada para o próximo 9 de maio. Estes peches evidenciaron máis unha vez a necesidade da retirada da LOMCE por tratarse dunha lei que expulsará do sistema educativo o alumnado con menos recursos, afondará na españolización do ensino, potenciará a privatización, liquidará a xestión democrática dos centros e ampliará a súa confesionalidade.

21/2/2013 NEGOUSE A INCLUÍR O DEBATE NA ORDE DO DÍA DO PLENO DESTE XOVES 21

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación veta o debate do anteproxecto da LOMCE no Consello Escolar de Galiza

A CIG-Ensino quere denunciar a negativa da Consellaría de Educación a incluír na orde do día do Consello Escolar de Galiza deste xoves 21 de febreiro que este organismo elabore un informe sobre a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, desatendendo así a petición realizada por diferentes organizacións

18/2/2013 O SECRETARIO NACIONAL, ANXO LOUZAO, CUALIFICA O ANTEPROXECTO DE AUTÉNTICO CIANURO PARA O ENSINO GALEGO

A CIG-Ensino entrégalle ao conselleiro de Educación 10.172 sinaturas de docentes en contra da LOMCE

A CIG-Ensino entregou este luns 18 de febreiro, no Rexistro da Xunta de Galiza, en Santiago, 10.172 sinaturas de docentes recollidas nos centros de ensino e dirixidas ao conselleiro de Educación, nas que o profesorado fai constar o seu rexeitamento máis absoluto ao anteproxecto da LOMCE por tratarse dunha lei mercantilista e reaccionaria, recentralizadora e españolizadora, elitista e clasista, agresiva co profesorado, antidemocrática, reforzadora da confesionalidade e contraria ao ensino laico.

24/1/2013 A CIG-ENSINO CUALIFICA DE ESCANDALOSA A INTENCIÓN DO MINISTRO DE QUE AS COMUNIDADE AUTÓNOMAS SUFRAGUEN UNHA REFORMA QUE VAI CONTRA ELAS

A CIG-Ensino defende no Consello Escolar do Estado a retirada da LOMCE

Anxo Louzao, membro do Consello Escolar de Galiza, en representación da CIG, defendeu, hoxe, no Consello Escolar do Estado, un informe alternativo ao ditame deste organismo, solicitando a retirada da LOMCE. A CIG-Ensino, xunto con outras entidades e organizacións, rexeitou participar no debate das emendas parciais e, despois de defender un informe alternativo no que se explicaban as razóns desta solicitude, desistiu na medida en que todas as súas disposición son contrarias á defensa do ensino publico galego.

14/12/2012 CHAMA A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLA ALIANZA SOCIAL GALEGA PARA O VINDERIO DÍA 20 DE DECEMBRO, ÁS 19:00 HORAS,

A CIG-Ensino non descarta propor unha convocatoria de folga se Wert persiste en manter os contidos da LOMCE

A CIG-Ensino leva máis dun mes recollendo sinaturas e realizando asembleas en todos os centros para explicar o anteproxecto da LOMCE e as consecuencias que, de aplicarse, tería para o ensino. Anxo Louzao, o seu secretario nacional, afirma que “non imos permanecer impasíbeis ante o ataque que supón para o sistema educativo, para a igualdade de oportunidades e para a galeguización do ensino”. Por iso, fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para o día 20 pola Alianza Social Galega e non desbota convocar mobilizacións máis contundentes, como pode ser unha folga “se o ministro persiste neste anteproxecto, que sería a liquidación dun ensino galego, científico e laico”.

4/12/2012 DENUNCIA QUE AS NOVAS PROPOSTAS DO MINISTRO SUPOÑEN UNHA MAIOR REESPAÑOLIZACIÓN DO ENSINO

A CIG-Ensino esixe a retirada do anteproxecto de LOMCE

Á espera de analizar en toda a súa extensión o segundo anteproxecto da LOMCE, a CIG-Ensino valora como un disparate, desde todos os puntos de vista, as propostas anunciadas. “Estamos ante unha nova reespañolización e recolonización do ensino ao pretender lexislar en contra do coñecemento e estudo das linguas propias –denuncia Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. Trátase dunha lei insubmisa ao dereito e á obriga a aprender e unha lei do dereito á ignorancia”.

30/10/2012 A CIG-ENSINO PEDIU A RETIRADA DA REFORMA E PRESENTOU 83 EMENDAS AO ANTEPROXECTO DE LOMCE

A CIG-Ensino xunto con representantes sindicais, estudantís e de pais e nais abandonan o Consello Escolar do Estado que debatía o anteproxecto da LOMCE

A CIG-Ensino e o resto de organización sindicais, estudantís, de pais e nais e membros da Federación de Municipios e Provincias -aproximadamente o 40% dos membros que forman parte do Consello Escolar do Estado- abandonaron hoxe conxuntamente a reunión do organismo diante do atentado sen precedentes á liberdade de expresión que se produciu ao impedir o debate dun dos informes alternativos ao da Permanente do Consello Escolar sobre o anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

30/10/2012 SUPÓN UNHA NOVA INTROMISIÓN NAS COMPETENCIAS DAS INSTITUCIÓNS VASCAS E GALEGAS, NON RESPONDE AS NECESIDADES EDUCATIVAS DE HEGO EUSKAL HERRIA E GALIZA E FAISE AO SERVIZO DE INTERESES ECONÓMICOS E IDEOLÓXICOS

ELA e a CIG-Ensino piden no Consello Escolar do Estado a retirada da reforma educativa

Hoxe tivo lugar en Madrid a asemblea plenaria do Consello Escolar do Estado para dar ao Goberno central a súa opinión sobre o anteproxecto de LOMCE. Nela participaron diferentes axentes e estamentos educativos para debater o anteproxecto de lei e redactar o informe correspondente en nome do consello. ELA e a CIG-Ensino presentaron cadanseu informe alternativo nos que se pide ao Goberno do Estado español a retirada do anteproxecto para a reforma educativa.

15/10/2012 HABERÁ MOBILIZACIÓNS NAS CIDADES E EN DIFERENTES VILAS CONTRA OS RECORTES E O ANTEPROXECTO DE LOMCE

A CIG-Ensino apoia a folga convocada para o mércores 17 polas organizacións estudantís galegas

A CIG-Ensino apoia a folga convocada para o 17 de outubro polas organizacións estudantís galegas, por tratarse dunha folga para combater os continuos ataques que está a sufrir o ensino público, que se concretaron en numerosos recortes e na aposta decidida do PP polo ensino privado concertado. Podes consultar nesta novas as horas e lugares das mobilizacións.

11/10/2012 ANXO LOUZAO AFIRMA QUE “ATENTA CONTRA O DEREITO DOS POBOS A VIVIR NA SÚA CULTURA E NA SÚA LINGUA”

A CIG-Ensino considera que as declaracións de Wert e o seu obxectivo de españolizar e ‘recolonizar’ son inadmisíbeis

As declaracións do Ministro Wert a respecto de “españolizar” Catalunya son, para a CIG-Ensino “inadmisíbeis”. Anxo Louzao, secretario nacional, considera que con esas declaracións, por vez primeira, se explicita o obxectivo real que persegue o Partido Popular coa Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa “recolonizar as nacións con lingua propia e non mellorar o sistema educativo e incrementar os recursos necesarios para iso”.

21/9/2012 UNHA VEZ MÁIS O PROFESORADO SAIRÁ MALPARADO CON DESTRUCIÓN DE EMPREGO, MOBILIDADE FORZOSA E OBRIGA DE IMPARTIR MATERIAS SEN SER ESPECIALISTA

A CIG-Ensino rexeita o anteproxecto de reforma educativa aprobado hoxe polo Consello de Ministros

O anteproxecto de reforma educativa aprobado hoxe no Consello de Ministro (E QUE PODEDES LER NESTA NOVA) é unha proposta recentralizadora na medida en que usurpa competencias dos Gobernos autonómicos. Reduce dun 45% ao 35% o dereito para fixar currículos que até o de agora lle asistía á Consellaría de Educación e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades. “Unha vez máis o profesorado sairá malparado con destrución de emprego, mobilidade forzosa e obriga de impartir materias sen ser especialista. Ningunéase ao profesorado, cuestionando a importancia da profesión de docente e recortando aínda máis os seu dereitos laborais”, explica Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. “Suporá –engade- inestabilidade dos cadros de persoal dos centros, recortes profesionais e laborais e menor calidade no ensino”.

 


Xornada da CIG Ensino: O Sistema Educativo na LOMCE

Outras análises da LOMCE feitas nas Xornadas: O Sistema Educativo da LOMCE

Volver