Información sobre a comunicación de baixa da Seguridade Social ao profesorado interino e substituto

Non terá ningunha repercusión na vosa relación coa Seguridade Social ou coa Consellaría e non hai interrupción na cotización

Se es profesor ou profesora cunha interinidade ou substitución seguramente recibiches ou recibirás unha notificación da Seguridade Social na que che comunicaba a túa baixa. Postos en contacto coa Consellaría de Educación, esta confírmanos que iso foi debido a que a Consellaría cambiou o código de conta de cotización na Seguridade Social. Isto trouxo consigo que se vos dera de baixa o día 30 de abril no número de cotización antigo e que se vos dará de alta con data de efectos do 1 de maio (a Consellaría ten dez días para facelo) . Polo tanto, isto non terá ningunha repercusión na vosa relación coa Seguridade Social ou coa Consellaría, é dicir, non hai interrupción na cotización.

Volver